Home Tabeirós A Estrada O alcalde ten que traballar para impedir a instalación do parque eólico...

O alcalde ten que traballar para impedir a instalación do parque eólico do Campo das Rosas

- Anuncio -

Xoán Reices: “O alcalde ten que posicionarse, ou cos veciños e veciñas de Sabucedo que non queren parques eólicos ou co seu partido que lle dá o visto e prace”

“A aprobación por parte da Xunta do declaración de impacto ambiental do parque eólico do Campo das Rosas é un duro golpe para o noso concello”, afirma o candidato Xoán Reices, “que afectará gravemente, xa non só ao medio natural de Sabucedo senón a unha tradición e a unha festa declarada de interese turístico internacional, que ademais está en fase de ser declarada BIC”.

“A esta desfeita da Xunta do PP”, engade Reices, “temos que engadir outra na parte oeste do noso concello, xa que recentemente a administración autonómica aprobou o parque eólico de Castro Valente, con importantes xacementos arqueolóxicos”. “Resumindo: A Estrada estará rodeada de parques eólicos dos que o noso concellos, e xa non digamos os veciños e veciñas, van sacar partido algún, nin sequera a través de postos de traballo vinculados a este sector”, engade.

O BNG esixe un pronunciamento claro do alcalde e do grupo de goberno. Reices explica que “até agora o alcalde nunha posición cómoda de oposición aos parques, pero sen facer moito ruído, sen facer moita oposición, en especial aos parques cuxa aprobación estaba vinculada á Xunta”. “Mais agora é o tempo da verdade”, afirma, “o alcalde ten que posicionarse, ou cos veciños e veciñas de Sabucedo que non queren parques eólicos ou co seu partido que lle dá o visto e prace”.

Reices afirma que “non valen as medias tintas, o goberno municipal ten que traballar para impedir a instalación do parque eólico de Sabucedo e o do Castro Valente”. “Desde logo o BNG non vai ficar parado mentres se enchen os nosos montes e se acaba cunha das nosas tradicións máis singulares”, engade Reices, “tomaremos as medidas que sexan necesarias para evitar a desfeita eólica no noso concello”.

“Por outra parte”, indica o candidato do BNG, “a asociación da Rapa das Bestas ten todo o noso apoio nas medidas que impulsen para evitar a instalación do parque eólico do Campo das Rosas e conta con toda a nosa colaboración”.

Relacionadas

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

As mareas de coñecemento chegan ao Rosal

0
Comeza unha nova edición deste proxecto de democratización do saber da Universidade de Vigo, que traerá ao Centro Social Polivalente tres seminarios de diferentes...

Publicacións Relacionadas