Félix Juncal, alcalde de Bueu, comprobou a execución de traballos de acondicionamento da área de servizos de caravanas de Achadiza que se executan esta semana. Tal e como se anunciara hai uns meses, o rexedor prevé que na próxima semana queden instaladas as conexións do servizo de abastecemento e saneamento de auga e o formigonado. Así mesmo estudarase a posibilidade de utilizar parte da superficie destes terreos para a instalación dunha estación electrolinera para dar servizo de carga aos vehículos eléctricos.
Remítese nota de prensa coa información completa, e unha foto da visita do alcalde ás obras.