Home Pontevedra A Lama O alumnado do CEIP da Lama degustou o humor de “Máis Saaabor!”...

O alumnado do CEIP da Lama degustou o humor de “Máis Saaabor!” coa programación de +Escénicas

- Anuncio -

Esta actividade chegou aos escolares lamenses a través da colaboración entre o Concello, a Deputación Provincial, o colexio e a ANPA.

O alumnado do CEIP da Lama disfrutou dunha xornada de teatro musical grazas ao programa +Escénicas da Deputación e o Concello da Lama e que puxo en escena o espectáculo “Máis Saaabor!” de Fran Rei e Félix Rodríguez.

A función comezou ás 11 da mañá e contou coa presenza de todo o alumnado do centro así como o alcalde, David Carrera, os concelleiros de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya e de Asuntos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña, e varios pais e nais que acudiron ao centro para ver a representación desta obra que tamén contou coa colaboración da ANPA Cal do Vergazo.

Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Nesta visita cómica, Rei e Rodríguez achegaron ao público ao mundo dos fogóns, á cociña, á alimentación saudable e ao consumo de produtos de proximidade dun xeito entretido e moi musical.

Os actores Fran Rei e Félix Rodríguez Lamas interactuaron cos nenos e nenas ao ritmo da música dos países de procedencia dos cinco pratos que foron condimentando ao mesmo tempo que ían pedindo a colaboración do público para coñecer os ingredientes e a forma de preparalos. Cada un deses cinco platos representaba a un continente así prepararon burriños mexicanos, cuscús marroquino, pasta á carbonara italiana, sushi xaponés e filloas galegas.

Entre bailes, cancións e aplausos do público os actores foron condimentando os pratos que logo, para rematar, foron dados a probar a tres voluntarios do público: un alumno, un mestre e unha mestra.

Rematou o espectáculo co aplauso unánime do público que disfrutou dun menú moi musical que animou aos nenos e nenas a comer de todo, preferiblemente produtos de proximidade e de calidade.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas