Home Pontevedra Caldas O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas conmemora o 25-N cun...

O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas conmemora o 25-N cun mural feito con desexos dos nenos e nenas contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -

O alcalde, Ricardo Martínez, insta ás novas xeracións, na lectura do manifesto, a medrar en igualdade e rexeitar calquera tipo de violencia de xénero contra as mulleres.

O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas conmemorou o 25-N, Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres, con diversos actos reivindicativos entre os que destacan a lectura dun manifesto por parte do alcalde, Ricardo Martínez, e a confección dun mural a base de tarxetas escritas polos nenos e nenas con “desexos” e consignas pola supresión da violencia de xénero.

O acto contou coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a concelleira Ana Peña Maquieira, o director do CPI Domingo Fontán, Luís Villaverde Platas e o corpo docente así como a totalidade do alumnado que tamén colaborou na elaboración dunha bugambilla da cal os nenos nenas foron pendurando debuxos das súas mans en solidariedade coas vítimas da violencia de xénero.

No manifesto, lido polo alcalde, fixo fincapé no compromiso explícito que o Concello de Portas ten en contra da violencia de xénero e instou ás novas xeracións a medrar en igualdade, con respecto e rexeitando calquera comportamento agresivo e díxolles que “vós sodes o futuro e tedes un importante papel por diante que non é outro que contribuír co voso esforzo a construir unha sociedade mellor e un futuro en igualdade, respectuoso e non violento”.

Finalmente, Ricardo Martínez sinalou que “todos temos que poñer todo o que poidamos da nosa parte para impedir que exista violencia no mundo, especialmente contra as mulleres e as nenas. Temos que ser corresponsables todos dun novo modelo de comportamento onde o respecto, a igualdade e o bo trato entre homes e mulleres sexa o camiño por onde nos teñamos que conducir sempre”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas