HomePontevedraCaldasO alumnado do obradoiro de empregego "Xóvenes Portas Moraña Valga I" realiza...

O alumnado do obradoiro de empregego “Xóvenes Portas Moraña Valga I” realiza unha visita formativa á Fundación Laboral da Construción, en Santiago

- Anuncio -spot_img

Durante o percorrido, o alumnado puido coñecer de primeira man os espazos formativos e talleres e, os que o desexaron, incribíronse na bolsa de emprego que xestiona a entidade, a través da cal se tramitan numerosas ofertas laborais relacionadas coa construción.

O alumnado da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga I participou nunha visita formativa ás instalacións da Fundación Laboral da Construción de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade desenvolveuse acompañados pola directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal, e coa colaboración dos tres respectivos concellos.

A visita comezou coa acollida por parte da orientadora laboral e do técnico de emprego da entidade, que guiaron ao grupo polas instalacións da fundación, situadas nunha antiga curtiduría en Pontepedriña de Arriba, nas marxes do río Sarela. Este edificio histórico foi rehabilitado respectando a súa tipoloxía construtiva tradicional e adaptado ás necesidades formativas actuais.

Durante o percorrido, o alumnado puido coñecer de primeira man os espazos formativos e talleres, nos que se imparten cursos para persoas que contan cun contrato de formación e aprendizaxe, recibindo unha xornada semanal de formación presencial na propia fundación.

Ao remate da visita realizouse unha xornada de orientación profesional, na que o persoal técnico explicou as actividades formativas e programas que desenvolve a Fundación Laboral da Construción, así como as técnicas máis innovadoras que se empregan actualmente no sector. Ademais, presentouse a bolsa de emprego que xestiona a entidade, a través da cal se tramitan numerosas ofertas laborais relacionadas coa construción.

Dende a dirección do obradoiro, en colaboración cos concellos de Moraña, Portas e Valga, continúase traballando activamente na inserción laboral do alumnado, establecendo contactos con diferentes empresas do sector.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. A iniciativa, posta en marcha o pasado 2 de outubro, conta coa participación de 16 mozos e mozas dos concellos de Moraña, Portas e Valga, distribuídos en dúas especialidades: 8 en albanelería e 8 en forestais.

Publicacións Relacionadas