HomePontevedraO alumnado dos Cursos de Maiores recibe os seus diplomas da man...

O alumnado dos Cursos de Maiores recibe os seus diplomas da man da alcaldesa  de Redondela

- Anuncio -spot_img

– Nos cursos de Memoria, Risoterapia  e Tai Chi participaron máis de 600 alumnos e alumnas. Todos estes cursos realízanse nas diferentes parroquias do municipio “para que toda a veciñanza poidan acceder a estes servizos de maneira gratuíta e sen ter que desprazarse”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

– A alcaldesa e a concelleira, Iria Vilaboa, fixeron entrega dos diplomas aos participantes e agradeceron a súa participación nestes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo e mellorar a súa calidade de vida”.

O Multiúsos da Xunqueira acolleu esta mañá a clausura dos cursos de Memoria, Risoterapia e Tai Chi que organiza a concellería de Maiores nas diferentes parroquias do municipio. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira Iria Vilaboa, agradeceron a todo o alumnado a súa participación nestes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. A alcaldesa incidiu na importancia de que estas clases se impartan non só nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, senón tamén nas demais parroquias do municipio “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos de xeito gratuíto e poidan participar nas actividades sen ter que desprazarse”.

Con respecto ao ano pasado incrementouse o número de participantes, con máis grupos en todas as parroquias do municipio. Rivas cualifica como un “éxito rotundo” este programa para maiores, porque a resposta tanto do alumnado como dos profesionais que imparten as clases “é moi positiva, e todos e todas teñen gañas de seguir con máis actividades de cara ao curso que vén”. Os participantes valoran os obradoiros como algo moi beneficioso “xa que non só melloran a nivel físico e mental, senón tamén nas súas relacións sociais”.

No auditorio da Xunqueira recibiron os seus diplomas todos os que puideron acudir da man da alcaldesa e a concelleira, e compartiron unha chocolatada cas alumnas, alumnos e o profesorado  para despedir o curso e o ano.

Publicacións Relacionadas