O Apalpador enche de música e de ledicia

adminON
Lectura mínima de 4

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR  

O Apalpador e o seu acordeonista visitaron nesta mañá os barrios de Soutomaior e, pola tarde, chegará a carpa de Nadal instalada na Alameda de Talo Río. Unha carpa onde tamén estará un Mercado de artesanía local, obradoiros infantís e onde o Apalpador presentará o seu espectáculo “Contos, cantos e castañas”. Xa ás 21:00h. chegará unha das citas centrais desta xornada co concerto de Nadal, no Multiúsos, da Banda Artística de Arcade.

21 de decembro, Soutomaior. O Apalpador e seu acordeonista fixeron hoxe un intenso percorrido polos barrios de Soutomaior, enchendo o concello de ledicia e música para todas as veciñas e veciños. Así e deste xeito, acompañados pola concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, iniciaron o seu percorrido na Casa do Concello, pasando por Romariz, Comboa, Aranza, Cortellas, Moreira, Lourido, Val- Sobral, Rial, Alxán e a Montesiña.

Un día de inauguración do Mercado de Nadal na carpa de Talo Río, un mercado que se celebrará os días 21, 22, 23,24 de decembro durante todo o día e o 3 de xaneiro en horario de tarde. Máis de 20 postos con artesanía local, complementos, decoración, moda e beleza (roupa, calzado, perruquería…), alimentación, servizos e moito comercio local. Coa colaboración da Asociación de Empresarios/as de Arcade e Soutomaior.

Outra das citas centrais do día e o Tren de Nadal que estará ao longo do día de hoxe e de mañá domingo 22 de decembro en horario de 11:30 a 14:00h. e de 16:30h. a 21:00h. As viaxes son de balde, ao igual que todas as actividades, o único que teñen que facer os que desexen viaxar no Tren de Nadal é coller o seu ticket co horario prioritario na propia carpa.

Agora pola tarde, ademais do Mercado, dende as 16:30 ata as 18:30h. O Apalpador chegará a súa casiña instalada na Carpa de Nadal en Talo Río para recibir a todas as nenas e nenos que o desexen. E ás 18:30h. será o momento do seu espectáculo coa presentación de “Cantos, contos e castañas”. Namentres na Carpa de Nadal acollerá ás 17:30h. un obradoiro de modelado ‘Figuras do Apalpador’ para o público infantil e ás 19:30h. terá lugar, xa para o público xuvenil un obradoiro de maquillaxe ‘A pel das árbores`.

Ás 21:00h. neste 21 de decembro terá lugar no Multiúsos unha das citas máis agardadas para os amantes da música, o concerto de Nadal da Banda Artística de Arcade.

E mañá, domingo 22 de decembro, a axenda chegará repletiña de actividades coas panxoliñas que se espallarán por todos os barrios do concello cun percorrido que sairá ás 10:45h. da Montesiña, ás 11:15h. chegarán a Comboa, ás 11:45h. a Aranza, ás 12:10h. ao Sobral, ás 12:25h. o Val, ás 12:50h. a Lourido e ás 13:20h. a Moreira.

Durante toda a xornada dominical tamén se celebrará o Mercado de Nadal e as e os que o desexen poderán desfrutar do Tren de Nadal.

Xa ás 13:00h. será a quenda da sesión vermú en Talo Río protagonizada por “Los Alcántara”. Xa, en horario de tarde, Papá Noel chegará a Carpa de Nadal para recibir as cartas e desexos de todas as pequenas do concello en horario de 16:30 a 20:30h. Ás 17:30h. chegará o momento do espectáculo “Desconcerto de Nadal”.

Comparte este artigo