Home Pontevedra Caldas O Apalpador percorreu o centro urbano de Pontecesures cantando e bailando coa...

O Apalpador percorreu o centro urbano de Pontecesures cantando e bailando coa cativada

- Anuncio -

Os nenos e nenas de Pontecesures recibiron esta mañá a visita do Apalpador que, acompañado do seu compañeiro acordeonista Servando Barreiro e do seu burro Río Lor, percorreu o centro da vila cantando e bailando. Un percorrido que iniciou na Plazuela, onde foi recibido polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, e a concelleira de Cultura, Laura Villar.

O que comezou sendo unha actuación para catro ou cinco nenos na Plazuela foise convertendo nun espectáculo de rúa de máis de media hora e que congregou máis de vinte cativos, que foron chegando da rúas próximas. Unha cativada que non deixou de cantar e bailar na Plazuela ao ritmo das propostas do Apalpador e os seus axudantes, para rematar cun carrusel en torno á árbore de Nadal da Plazuela no que os máis pequenos aproveitaban para montar no burro de madeira.

Tras recibir os aplausos de crianzas e público adulto, o Apalpador comezou un pasarrúas polo centro de Pontecesures. Unha divertida iniciativa promovida polo Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra dentro da oitava edición do programa “Nadal en Galego”, ao que se adheriu o Concello de Pontecesures. Unha iniciativa que busca fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e que os máis cativos se familiaricen coa personaxe, fronte á versión de Papá Noel.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas