HomePontevedraA LamaO Apalpador visitará Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e A Lama na comarca...

O Apalpador visitará Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e A Lama na comarca de Pontevedra grazas ao programa da Deputación “Nadal en Galego”

- Anuncio -spot_img

O carboeiro de barba vermella reunirase esta tarde coa deputada de Lingua María Ortega no Pazo Provincial para desexar unhas felices festas a toda da provincia

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano cinco concellos da comarca de Pontevedra man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua.

Ademais de hoxe en Pontevedra, o Apalpador estará en Barro o sábado día de Noiteboa ás 19 horas en Barro; ás doce do mediodía en Cerdedo-Cotobade e ás 17.30 en Campo Lameiro; así como o día 3 de xaneiro ás sete da tarde en A Lama. Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.

O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Publicacións Relacionadas