Home Pontevedra O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela...

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela cedidas pola familia Piñeiro Pazó

- Anuncio -

– José Luis Poñeiro e Pili Pazó, acompañados polo seu neto David, cederon ao Arquivo audiovisual do Concello unha trintena de fotografías da súa colección familiar. Son imaxes que van desde a década dos anos ‘30 aos ‘70 do século pasado, con instantáneas de celebracións familiares e festas patronais.

-A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto desta familia e anima á veciñanza  “a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes que poidan ter nas súas casas sobre oficios, tradicións ou celebracións para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”.

O arquivo audiovisual do Concello de Redondela acaba de ampliar o seu fondo grazas á cesión dunha trintena de 150 imaxes antigas da colección familiar de José Luis Piñeiro e Pilar Pazó, veciños de Chapela. O seu neto, David Villar, que os acompañou na firma da cesión, foi o que animou aos seus avós a incluír estas imaxes no arquivo municipal. Algunhas fotografías teñen case un século de historia, xa que van desde os anos ‘30 ata os ‘70 do século pasado. As instantáneas recollen celebracións familiares, vodas ou festas patronais de Chapela como a que se celebra na honra da Virxe do Carmen. Todas as fotografías foron dixitalizadas polo Arquivo Municipal e xa poden consultarse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web pode facer a través do Instagram, o Facebook ou o blog do Arquivo Audiovisual Municipal. As fotografías orixinais foron devoltas aos propietarios xunto cun dispositivo coa copia tamén dixital das imaxes.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto destes veciños e animou á veciñanza  “a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes que poidan ter nas súas casas sobre oficios, tradicións ou celebracións para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”. A rexedora fixo un chamamento especialmente “aos veciños das parroquias, porque notamos nos nosos fondos unha carencia de fotografías das distintas parroquias de Redondela, por iso lles pedimos aos que teñan imaxes antigas que se poñan en contacto co Arquivo municipal”. As fotografías seguirán estando nas casas dos seus propietarios e propietarias, “pero haberá unha copia custodiada no Concello que coidará da súa conservación e transmisión ás xeracións vindeiras”.

Con esta incorporación o fondo audiovisual do Concello conta xa con máis de 77.400 imaxes. Esta nova achega conta cunha ficha por cada fotografía describindo as persoas que aparecen  e o que estaba acontecendo.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de 2,2M€ da...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Enrique Cabaleiro no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a...

0
O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira...

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

0
A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai...

A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que...

0
A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do...

O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que está a...

0
A fronte nacionalista cuestiona a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan para explicar as modificacións dende a...

Publicacións Relacionadas