HomePontevedraO arquivo de Redondela recupera imaxes icónicas dos anos "50 ata os...

O arquivo de Redondela recupera imaxes icónicas dos anos “50 ata os 70” cedidas pola familia de Castor López

- Anuncio -spot_img
  • Sinda López, veciña de Redondela, cedeu ao Arquivo Municipal Audiovisual 15 fotografías familiares. As imaxes son de seu pai, Castor López, garda municipal do Concello de Redondela entre os anos `50 e ’70 do pasado século, e tamén de oficios, celebracións e da vida cotiá da vila naquelas décadas. Con esta doazón o fondo conta xa con máis de 75.000 fotografías cedidas pola veciñanza.
  • A alcaldesa , Digna Rivas, agradeceu o xesto desta veciña e anima á veciñanza “a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo Municipal fotografías que poidan ter nas súas casas do noso pasado, de tradicións ou celebracións coas que seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”.

Sinda López, veciña de Redondela, acaba de ceder 15 fotografías da súa colección particular relativas ao seu pai, Castor López, que foi garda municipal no Concello de Redondela entre as décadas dos ‘50 e `60 do século pasado. Son imaxes icónicas como a policía municipal posando de gala en Vilavella ou a nevada de 1963, ademais de escenas cotiás da vila nesa época: homes traballando nunha zapatería, nenos e nenas posando nunha merenda, a festa dos Maios e outras celebracións.
Todas as fotografías foron dixitalizadas polo Arquivo Municipal e xa poden consultarse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web pode facer a través do Instagram, o Facebook ou o blog do Arquivo Audiovisual Municipal. As fotografías orixinais foron devoltas á propietaria xunto cun dispositivo coa copia tamén dixital das imaxes. Con esta doazón o Arquivo Audiovisual conta xa cun total de 75.016 fotografías cedidas pola veciñanza, incluído o Fondo Fotsca. O fondo municipal conta tamén coas fotografías do propio Concello, que suman aproximadamente 3.400.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto de Sinda López e animou á cidadanía a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes antigas que poidan ter nas súas casas de oficios, tradicións ou celebracións “para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”. A rexedora fixo un chamamento especialmente á veciñanza das parroquias, “porque notamos unha carencia de fotografías das distintas parroquias de Redondela, por iso lles pedimos aos que teñan imaxes antigas que se poñan en contacto co Arquivo municipal”.

Publicacións Relacionadas