O asfaltado en Cidadelle realizarase na Semana Santa para non prexudicar ao transporte escolar

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Redondela acometerá as obras de mellora e asfaltado na Subida a Cidadelle, en Chapela, ao longo da próxima semana. As chuvias das últimas datas impediron realizar os traballos, que se acometerán a partir do próximo luns, 25 de marzo. O departamento de Urbanismo fixou esta data para aproveitar as vacacións escolares de Semana Santa, deste xeito evitaranse os prexuízos que os traballos poidan causar aos autobuses de transporte escolar do CEIP Igrexa. Os traballos de humanización na Subida a Cidadelle, na zona alta da parroquia de Chapela, contemplan a renovación das redes de saneamento, abastecemento e recollida de pluviais. O novo firme executarase esta próxima semana, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
Asfaltado en Santo Paio de Arriba
As inclemencias meteorolóxicas dos últimos días impediron tamén realizar o asfaltado da rúa Santo Paio de Arriba, en Reboreda. Se o tempo o permite, a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade ten previsto realizar a próxima semana as obras de asfaltado nesta rúa de Reboreda.

Comparte este artigo