O barrio da Seca achegarase á súa historia grazas a unha palestra do escritor e editor Enrique Acuña

adminON
Lectura mínima de 1

A Mesa pola recuperación do río Valdecorvos organizada esta actividade que se desenvolverá o vindeiro 2 de outubro, ás 20.00h, na Aula Anexa do edificio da Cruz Vermella

É posíbel anotarse para asistir como ouvinte a través da sección Apúntate, da web municipal O vindeiro xoves, 2 de outubro, ás 20.00h, a Aula Anexa do Edificio da Cruz Vermella de Pontevedra acollerá a exposición e palestra ‘Historias do barrio da Seca’, da man do editor e escritor, Enrique Acuña.

Nesta palestra realizarase unha explicación do barrio da Seca (dende Santa Margarida ata Santa Clara), dende a súa vida tradicional ata a súa transformación, repasando historias dende as lavandeiras anónimas ata as personaxes públicas que deron forma a esta parte da cidade.

Todas as persoas interesadas en acudir poden facelo a través da sección Apúntate, do Concello de Pontevedra. Trátase dunha actividade de balde. Trátase dunha actividade promovida e organizada pola Mesa pola recuperación do río Valdecorvos, contando coa colaboración do Concello de Pontevedra e do Colexio de Arquitectos de Galicia (en Pontevedra).

Comparte este artigo