Home Pontevedra O Condado O bipartito solicita novos préstamos por valor de 1,1 millóns de euros

O bipartito solicita novos préstamos por valor de 1,1 millóns de euros

- Anuncio -
  • “O préstamo de 1,1 millóns de euros, é a devolver en 8 anos, ata 2029”.
  • Villar afirma que “BNG-PSOE seguen endebedando o Concello mentres malgastan o diñeiro que recadan en impostos aos veciños e subvencións, máis de 55 millóns de euros no últimos tres anos.

O Grupo Municipal do PP advirte que o bipartito acaba de solicitar un novo préstamo de 1,1 millóns que unido aos anteriores suman un total de 14,12 millóns de euros.

“Este novo préstamo é a devolver en oito anos, finalizaría no 2029. É un escándalo como están a endebedar a este Concello. Van deixar na bancarrota”.

Os populares consideran que non se debe endebedar así ao consistorio porque hipotecan os investimentos e corporacións futuras. “Con este novo préstamo, pendente de conceder pola Xunta de Galicia e o asinado para a ampliación da depuradora, o bipartito BNG-PSOE xa endebedou o Concello para os próximos 25 anos, é dicir, ata o ano 2049 os veciños terán que estar a pagar a mala xestión deste goberno, que continúa pedindo préstamos mentres malgastou e malgastou os 55 millóns de euros que recadou por impostos aos veciños durante os tres últimos anos e que recibiu de subvencións procedentes doutras administracións.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas