Home Pontevedra Caldas O BNG acada un acordo para incorporar criterios de xustiza social no...

O BNG acada un acordo para incorporar criterios de xustiza social no acceso á ludoteca de verán

- Anuncio -

“Por primeira vez Caldas incorporará criterios de xustiza social que facilitarán a conciliación para todas as familias caldenses” sinalou Manuel Fariña.

Os veciños e veciñas de Caldas terán prioridade no acceso á ludoteca municipal este verán en Caldas grazas ao acordo acadado polo BNG, que será refrendado nun pleno extraordinario urxente que se celebrará mañá mesmo no Concello de Caldas.

Do mesmo xeito, incorporanse criterios de xustiza social que establecen a gratuidade deste
servizo para as familias en risco de exclusión social do noso concello, así como un desconto do 50% sobre o prezo ordinario para as familias que perciben outros complementos sobre o Ingreso Mínimo Vital.

Deste xeito, garántese non só o propio desenvolvemento da Ludoteca de Verán senón que se facilita en gran medida a conciliación de todas as familias de Caldas que desexen empregar este servizo de conciliación durante os meses de xullo e agosto.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño acometerá melloras no Campo de Fútbol de...

0
O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas  Deportivas e o Plan +Provincia da Deputación provincial realizará as obras...

Silvia Junco liderará o comité de campaña do PP de Pontevedra para as europeas

0
• A popular agradece “a confianza que Rafa Domínguez sempre depositou en min, desde que me elixiu para as carteiras de Servizos Sociais e...

O concello de Bueu organiza do 26 de abril ao 5 de maio as...

0
• Na iniciativa participan trece locais hostaleiros que ofrecerán unha gran variedade de pratos elaborados con este cefalópodo • Haberá actuacións de charangas, rutas guiadas...

A XXV Feira do Libro Galego, presentación de libros, contacontos, exposicións e un roteiro...

0
“A casa dos libros orfos” na Praza da Inmaculada abre esta programaciónDoce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de...

A Deputación fai pública a lista provisional de menores admitidos e excluídos para optar...

0
Récord de solicitudes neste 2024 con 4.075 menores admitidos e excluídos, un 7% máis que o pasado ano. O prazo para emendar erros esténdese...

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun...

Publicacións Relacionadas