Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O BNG alerta dun megaparque eólico de 24 muíños e 124 megawatios...

O BNG alerta dun megaparque eólico de 24 muíños e 124 megawatios que vai desde Cerdedo-Cotobade a Melón

- Anuncio -

O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou hoxe unha batería de iniciativas parlamentares nas que demanda á Xunta que faga valer as súas competencias e presente un informe negativo sobre este proxecto


O macroproxecto eólico Greco afecta aos concellos de Cerdedo Cotobade, A Lama, Fornelos, Melón, Carballeda de Avia, Avión e Beatriz e destruiría espazos de grande valor da Serra do Suido

O BNG presentou hoxe, por medio do deputado Luis Bará, portavoz de medio ambiente no parlamento galego, unha batería de iniciativas parlamentarias nas que se solicita á Xunta que informe negativamente o macroproxecto eólico Greco, promovido polo Grupo Villar Mir, un megaparque de 124 MW que ocupa unha ampla extensión de territorio dos concellos de Cerdedo Cotobade, A Lama, Fornelos, Melón, Carballeda de Avia, Avión e Beatriz. O proxecto, de tramitación estatal, inclúe tres subparques: Greco Norte (no concello de Cerdedo Cotobade, con 11 aeroxeradores de 5,2 MW); Greco Centro (nos concellos de A Lama e Fornelos, con 6 aeroxeradores de 5,2 MW) e Greco Sur (no concello de Melón, con 7 aeroxeradores de 5,2 MW) (ver mapa). E ademais, 3 subestacións de transformación, as liñas de evacuación que comunican os parques e unha liña de alta tensión até a Subestación do Paraño.
Ainda que pola potencia este proxecto é de tramitación estatal, o BNG solicita á Xunta que faga valer as súas competencias en materia de enerxía, territorio e medio ambiente e que, en consecuencia, elabore un informe contrario a este megaparque eólico. “Demandamos ao goberno galego que se poña do lado dos concellos e da veciñanza, que defenda o interese colectivo e que impida un novo ataque contra unha zona do noso pais xa sobreexplotada e expoliada desde o punto de vista enerxético”, sinalou Bará
A xuizo do BNG, o informe desfavorable da Xunta está xustificado polos seguintes motivos:

  1. Impacto crítico na Área de Especial Interese Paixasístico AEIP Serra do Suido. Remitímonos ao informe do Instituto de Estudos do Territorio ao respecto do proxecto eólico Puza, situado na mesma zona: “os oito xeradores do parque eólico Puza, sumados aos correspondentes parques eólicos en tramitación e os parques eólicos xa existentes en funcionamento, producirían un moi intenso impacto visual (neste sentido crítico, para os efectos do artigo 33.1.d) do Regulamento da Lei 7/2008), por canto serían visibles desde amplas superficies incluidas na delimitación da AEIP Serra do Suido, afectando de forma irreversible o carácter dunha área de especial interese paisaxístico, a paisaxe da Serra do Suido, sen que esa afección visual poida ser reducida nin mitigada mediante ningunha medida correctora”.
  2. Impacto directo e crítico nunha Zona Ben Conservada, en estudo, tal como se reflicte no Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto. Trátase dunha zona de hábitats de interese
    Páxina 1
    prioritario e abundancia de turbeiras na serra do Suido, unha parte das cales foron incluidas no Inventario de Zonas Húmidas de Galiza. Hai que ter en conta que a Xunta xa utilizou este argumento para emitir informe desfavorable a outro proxecto tramitado nesta zona, o denominado Carballoso (antigo Coto das Airas modificado e ampliado).
    3.Proximidade do subproxecto Greco Norte á Rede Natura 2000 (ZEC Serra do Cando), que xa sofre unha elevada sobreexplotación eólica.
  3. Efectos sinérxicos e acumulativos, efecto barreira e superación da capacidade de carga do territorio. Nun radio de 25 km hai 17 parques eólicos en funcionamento, que suman 421 aeroxeradores; 22 proxectos autorizados, que suman 116 aeroxeradores; e 2 parques eólicos autorizados sen acceso e conexión (7 aeroxeradores).
  4. Impacto sobre o medio hídrico (regos, regatos, manantiais, humidais, augas subterráneas) incluindo a afección directa á Reserva Natural Fluvial do río Parada de Valdehome.

Mapa co emprazamento de Greco Norte, Greco Centro e Greco Sur, e dos proxectos Edreira I, ampliación de Edreira I, Coto de Eiras e liña de evacuación destes proxectos desde a Lama a Pazos de Borbén.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas