test
Home Pontevedra O BNG alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a...

O BNG alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a redución de horarios nos centros de saúde

- Anuncio -

A fronte nacionalista demanda á Xunta un plan de reforzos urxente para evitar un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados nos ambulatorios de Pintor Colmeiro, Navia e Lavadores durante o período estival

Alexandra Fernández: “Hai un problema estrutural provocado por unha planificación neglixente do Sergas, que sabe que cada verán hai vacacións do persoal”

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir nin un minuto máis estas políticas do PP que queren empurrar a un cada vez maior número de persoas a contratar seguros privados”

O Bloque Nacionalista Galego alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a redución de horarios en varios centros de saúde. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego para demandar á Xunta un plan de reforzos urxente que evite un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados polas tardes en varios ambulatorios da cidade durante o período estival.

“Se nos últimos anos o PP converteu en norma que haxa listas de espera para unha cita médica nos centros de saúde, o que se vai vivir este verán é moito peor”, advertiu a deputada do BNG Alexandra Fernández xunto co portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas. “E agora a Xunta quere normalizar unha nova fase do desmantelamento da sanidade pública con estes recortes de horarios e servizos”, subliñou.

Nese sentido, Fernández afeou que o Goberno galego estea “dosificando” a información sobre os peches nos centros de saúde. “Hoxe sabemos xa que 55 mil pacientes non van recibir asistencia en Pintor Colmeiro, Navia e Lavadores polas tardes durante 4 meses”, lamentou a deputada nacionalista, quen avanzou que esta “ameaza” pode afectar a máis ambulatorios como o de Bouzas, onde dos 6 médicos e médicas previstos tan só conta cun profesional polo “recortazo” do PP. Nalgúns casos, alertou, o Sergas valora incluso a posibilidade de que só se atendan urxencias.

Medidas estruturais para “salvar” a Atención Primaria

Por estes motivos, dende o Bloque comprometéronse a defender con firmeza medidas estruturais para “salvar” a Atención Primaria e evitar que este verán se viva unha situación “crítica nunca antes vista” nos centros de saúde de Vigo. “Este é un problema estrutural provocado por unha planificación neglixente do Sergas, que sabe que cada verán hai vacacións e dende hai anos coñece o volume de xubilacións”, criticou Fernández.

A deputada do BNG no Parlamento galego lamentou que esta estrutural carencia de persoal durante o ano se vai agravar nestes meses, levando a unha “maior extenuación” aos profesionais de Atención Primaria con “axendas aínda máis saturadas” e incrementando a presión sobre as Urxencias hospitalarias e o PAC pola falla de atención nos centros de saúde.

Fernández reiterou por estes motivos a necesidade de poñer en marcha un plan de reforzo da Atención Primaria, dotado no mínimo con 200 millóns de euros, así como incrementar a carteira de servizos con especialidades como psicoloxía clínica ou fisioterapia. “A responsabilidade desta situación non é dos profesionais, é da falla de previsión do Sergas”, salientou, poñendo como exemplo que na última convocatoria de formación MIR só se cubriron 1 de cada 3 prazas ofertadas para médico/a de Familia. 

Xunta do PP, “comercial dos seguros privados”


No mesmo sentido, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, esixiu á Xunta que “deixe de actuar como representantes comerciais dos seguros privados” e garanta a atención sanitaria nos centros de saúde de Vigo. “O problema non é o verán nin que o persoal sanitario poida exercer o seu dereito ás vacacións”, cuestionou, sinalando como causa as “nefastas políticas coas que o PP quere dinamitar a sanidade pública”.

Igrexas cualificou de “intolerábel” que o PP decida que as viguesas e vigueses “non teñen dereito a enfermar no verán”, lembrando que son moitas as persoas con doenzas crónicas que precisan un adecuado seguimento da súa saúde ou que moitas crianzas das parroquias de Vigo pasan moitas semanas sen pediatra.

“Non podemos permitir nin un minuto máis estas políticas de recortes que o único que perseguen é empurrar a un cada vez maior número de persoas a contratar seguros privados”, defendeu o portavoz municipal do BNG de Vigo. “A  nosa saúde non pode depender da nosa tarxeta de crédito”, remachou.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas