O BNG apoia a concentración convocada por SOS Sanidade Pública en defensa da atención primaria galega

Redacción
Lectura mínima de 2

Luns 13 ás 11 da mañá no Centro de Saúde “Virxe Peregrina” de Pontevedra

O BNG apoiará este luns, 13, no que se conmemora o Día Mundial da Atención Primaria, a concentración convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública que terá lugar ás 11 da mañán na Centro de Saúde da Virxe Peregrina de Pontevedra, na que se reivindicará unha atención primaria galega accesíbel, integral, comunitaria e de calidade.

Como é coñecido a atención primaria na Galiza está nunha situación crítica, sen que desde a Xunta de Galiza se faga nada por resolver os graves problemas estruturais que padece; máis ben todo o contrario. Co goberno do PP increméntanse as aportacións económicas á sanidade privada mentres se lle quitan recursos á sanidade pública. Así, o sistema sanitario galego público conta co menor número de persoal médico dos últimos 15 anos e cunha redución de 1.700 millóns de euros en atención primaria, colocándonos nos postos de cola de todo o Estado.

A atención primaria é un pior fundamental do sistema sanitario. O seu deterioro redunde negativamente en todo o sistema e, en consecuencia, na atención sanitaria que reciben os veciñas e veciñas. Dotala de medios e persoal suficiente significa fortalecer un sistema sanitario eficaz e preventivo.

A atención primaria precisa de máis recursos e máis persoal para unha atención sanitaria digna, áxil e eficaz, e que serva de sostén de todo o noso sistema sanitario público, por iso é necesario, máis unha vez, reclamar da Xunta de Galiza unha aposta decidida unha sanidade pública de calidade, o que pasa, inevitabelmente, por unha atención primaria sólida e eficaz.

Comparte este artigo