HomeO MorrazoMarínO BNG celebra o Día da Patria cun acto público

O BNG celebra o Día da Patria cun acto público

- Anuncio -spot_img

O BNG convida á veciñanza a asistir a un acto público, este sábado 19 de xullo ás 20:30 horas na Praza da Veiguiña, para conmemorar o Día da Patria Galega.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín, con motivo do Día da Patria Galega, organizará un acto conmemorativo para homenaxear esta data. O evento terá lugar o sábado 19 de xullo ás 20:30h na Praza da Veiguiña. O acto contará coa participación destacada de Mini Rivas,  exdeputado no Parlamento Galego, e Lucía Santos, voceira municipal do BNG en Marín.

O evento contará coa intervención musical do convidado, Mini Rivas, músico recoñecido da cultura galega, garantindo así un ambiente festivo e de celebración para todas as persoas asistentes. “O  Día da Patria é máis que unha data simbólica no calendario, é a expresión da vontade do pobo galego de avanzar cara a un marco político no que Galiza poida exercer plenamente os seus dereitos” destacou o Consello Local do BNG.

O BNG de Marín anima a toda a veciñanza a achegarse e participar neste acto aberto, para celebrar con orgullo a nosa identidade mais tamén para reivindicar a construción dun futuro mellor para Galiza. A participación cidadá é esencial para continuar construíndo entre todas e todos unha Galiza forte, próspera e con futuro.

Publicacións Relacionadas