Home Pontevedra O BNG chama a parar o espolio e a depredación do modelo...

O BNG chama a parar o espolio e a depredación do modelo eólico da Xunta

- Anuncio -

Bará chama a mobilizarse mañá, sábado 29, ás 12 h. diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo

Nunha comparecencia de prensa, acompañado polo responsábel comarcal do BNG, Iván Bello, a Vice-responsábel, Ana Peralba, os portavoces municipais de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, Ernesto Filgueira e Sol Seoane, o deputado nacionalista Luís Bará denunciou a proliferación na contorna da comarca de polígonos industriais eólicos, a comezar por Cerdedo-Cotobade e Terra de Montes, que é a zona máis afectada, o monte Acibal, o Castrove, a Fracha, os montes cara Ponte Caldelas, Soutomaior e o Morrazo. “Estamos a falar -dixo o deputado nacionalista- de máis de vinte polígonos industriais eólicos que conforma un auténtico cerco desta comarca”.

Estes proxectos teñen un impacto brutal no territorio, no ambiente e nos modos de vida tradicionais dos concellos, que están sometidos a unha tremenda presión por estas infraestruturas.

Vulneración da Lei

Estes proxectos estanse facendo vulnerando a normativa europea e estatal, como puxo de manifesto o TSXG que xa ditou tres sentenzas contundentes que anulan proxectos eólicos da Xunta. Este proceso estase a dar, ademais cunha “absoluta compricidade da Xunta e do Goberno central coas empresas” que se pon de manifesto nas modificacións legais levadas a cabo nos últimos de anos para favorecer a tramitación destes proxectos e reducir a participaciñon da cidadanía. Na mesma liña está a paralización da ampliación da Rede Natura.

O deputado nacionalista afirmou que “estamos nun momento de liberalización, unha auténtica barra libre para a implantación destes proxectos, mesmo fóra das areas de desenvolvemento eólico”.

Falando en concreto do megaproxecto dos Cotos que está a exposición pública, Bará afirmou que estamos ante unha ocupación de “máis de 500 hectáreas de seis parroquias do concello de Cerdedo-Cotobade, de seis megamuíños de douscentos metros de altura, cun grandísimo impacto de todas as infraestruturas e da liña de alta tensión asociada que atravesa de norte a sul até Ponte Sampaio”.

Bará fixo fincapé na connivencia do PP coa empresa Ecoener promotora deste macroproxecto, unha empresa das portas xiratorias que acaba de fichar a dous ex-ministros do PP (Eduardo Serra e Ana Palacio) para o seu Consello de Administración.

O Dobre xogo do PP

Bará salientou o dobre xogo das alcaldías do PP que “actúan como axentes dobres, pola mañá facilitando a tramitación destes proxectos e ocultando información á veciñanza, e pola tarde poñéndose na pancarta dicindo apoiar as mobilizacións veciñais”. Neste sentido puxo como exemplo ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, quen se desmarcou da mobilización do vindeiro sábado ”logo de recibir un toque de atención da Xunta”. “Caeulle a máscara e ao final acaba obedecendo as ordes do seu partido”, afirmou Bará

Mobilización social para parar a depredación

Fronte este espolio “estase a producir unha resposta social cada vez máis maioritaria, por parte de plataformas sociais, de comunidades de montes e de concellos de todas as cores políticas, da Universidade de Vigo, do Observatorio Eólico de Galiza, do Consello da Cultura Galega”, afirmou o deputado nacionalista.

Bará insitíu en que a mobiliazación popular é a grande clave para poder paralizar a depredación eólica, e lembrou que a propia patronal dixo que “non se farían aqueles proxectos onde houbese unha maioritaria oposición” por parte dos propietarios, das comunidades locais e dos Concellos, e animou a participar na concentración deste sábado 29 ás 12 h. diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas