O BNG consigue unha bonificación no IBI a pesar de que a alcaldesa nos acusara de “enganar e mentir á veciñanza” por solicitala

adminON
Lectura mínima de 1

Despois de lograr paralizar un ano a subida do IBI, no mes de  maio presentamos unha moción para conseguir unha bonificación para aluguer de renda limitada, instalación de punto de recarga para coche eléctrico e aproveitamento solar.

Logramos a bonificación para a instalación do punto de recarga e sacamos o compromiso de revisar ano tras ano as outras dous bonificacións. O BNG votou favorablemente porque supón unha mellora para a veciñanza e entendemos que a política son acordos e non egos persoais.

Por iso hoxe facemos 2 preguntas á alcaldesa; pode dicirnos onde enganamos e mentimos á cidadanía cando presentamos esta moción? Ou onde andaba “moi perdido” o BNG como tamén declarou?

Esperamos que este sexa un punto de inflexión e que dende a alcaldía se remate co insulto nos xornais, como único argumento contra o BNG, cada vez que defendemos á veciñanza.

Comparte este artigo