HomeO SalnésCambadosO BNG constata e lamenta o estancamento das negociacións en Cambados

O BNG constata e lamenta o estancamento das negociacións en Cambados

- Anuncio -spot_img

Logo dos axustados resultados das municipais en maio, e do complicado camiño para unha investidura alternativa ao PP en Cambados, o BNG constata agora o estancamento das negociacións para conformar un goberno.

Isto maniféstase en varios aspectos:

  • Un dos integrantes do eventual goberno xa non chega nin a asistir ás negociacións.
  • Outra candidatura, empatada en número de concelleiros co BNG, reclama, ademais da 1ª tenencia de alcaldía e a representación na Mancomunidade do Salnés, xestionar a área de cultura, na cal o BNG manifesta dende o primeiro momento o seu interese ao ser unha das áreas que levou cando estivo no goberno, e moi relacionada cos sinais de identidade desta organización.
  • Fálase de ceder áreas ou de continuidades co mandato anterior, obviando que o obxectivo inmediato é a conformación dun cuatripartito, e non o parcheo do bipartito.
    Neste contexto, o BNG asume pouco interese nos seus interlocutores para a conformación do goberno a catro, e pospón calquera participación nunha eventual reunión ata percibir algún xesto nesa dirección.

Publicacións Relacionadas