O BNG de Marín organiza un encontro aberto mañá, 7 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca Municipal, para presentar propostas de accesibilidade e escoitar as inquedanzas da veciñanza
O BNG de Marín organiza mañá, martes 7 de novembro, un acto informativo aberto ao público para tratar cuestións clave de mobilidade e aparcamento no noso municipio. O evento, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín ás 20:30 horas, ofrecerá un espazo para compartir propostas e escoitar as inquedanzas da veciñanza.
Este encontro ten como obxectivo presentar de primeira man as medidas que o BNG de Marín considera fundamentais para mellorar o acceso e a circulación en Marín. Durante o acto, abordaranse temas como a ampliación das prazas de aparcamento, a creación de bolsas de aparcamento disuasorias e a implementación de medidas de mobilidade sostible que faciliten os desprazamentos no centro urbano.
O BNG convida a toda a veciñanza a asistir e participar neste acto. Será unha excelente oportunidade para informarse sobre as propostas en mobilidade, expresar as súas opinións e sumar ideas para construír un Marín máis accesible e sostible para todos.