Home Tabeirós A Estrada O BNG convida ao novo alcalde a unha reunión informativa sobre ALTRI

O BNG convida ao novo alcalde a unha reunión informativa sobre ALTRI

- Anuncio -

Este venres 26 de Abril ás 20:00 o BNG participará nunha reunión informativa sobre a macrocelulosa que se pretende instalar no concello de Palas de Rei. O acto, no que tamén intervirán o concelleiro Xoan Reices e da deputada do BNG Ariadna Fernández, contará coa participación do profesor de Economía Medioambiental Bernardo Valdés e a experta en ecoloxía de augas de ADEGA, Ana Santamariña.

“O novo alcalde ten a oportunidade de reconducir a posición que mantivo até o de agora o anterior goberno municipal”, sostén Reices. “Desde o BNG confiamos en que se amose unha maior sensibilidade sobre este tema e que o novo titular da concellería de Medio Ambiente se sume ás reivindicacións da veciñanza e do BNG contra a macrocelulosa de Altri”, engade o voceiro nacionalista.

“Este proxecto ten consecuencias directas na veciñanza da Estrada, xa que pode prexudicar gravemente o río Ulla coas implicacións ecolóxicas, sociais e económicas que iso tería no noso concello“ explica Xoán Reices, voceiro da formación nacionalista. Dende o BNG apuntan á afección que a nova celulosa pode ter nas xa reducidas poboacións de peixes, o que podería por en perigo a festa do escalo ou a propia festa do salmón. Ademais disto pode afectar a diferentes zonas de baño ao longo do río, un importante atractivo turístico do noso concello.

Consideran os nacionalistas que este tipo de proxectos industriais non se poden implantar de costas á veciñanza polo que é necesario que a veciñanza estea correctamente informada sobre este proxecto e que os diferentes grupos políticos teñan unha posición unitaria contra esta nova celulosa.

Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego convidan publicamente ao novo alcalde Gonzalo Louzao ao igual que a toda a veciñanza a acudir ao acto informativo do venres e coñecer as implicacións que este proxecto vai ter no noso concello.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas