HomeTabeirósA EstradaO BNG da Estrada pide ao goberno do PP editar calendarios na...

O BNG da Estrada pide ao goberno do PP editar calendarios na nosa lingua

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “Non só é un xeito útil de divulgar a nosa lingua, mais tamén un xeito de difundir os recursos turísticos do noso concello”

O motivo o BNG da Estrada insta ao goberno municipal do PP a editar calendarios, tanto grandes, de mesa como de man, en galego, do vindeiro ano 2026.

Segundo explicou o portavoz municipal, Xoán Reices, “cremos que é unha medida que popularizaría este tipo de elementos editados en galego, moi usados en moitas casas, e un elemento que nos vindeiros días adoitan agasallar moitos comercios e empresas de todo tipo”.

“Alén disto”, engade Reices, “aínda que pareza que todo o mundo ten moi claro o nome dos meses e dos días na nosa lingua, a realidade demostra que non é así; neste sentido entendemos que esta medida pode beneficiar a divulgar as formas correctas na nosa lingua”, afirma.

O concelleiro nacionalista tamén explica que os calendarios tamén “son un xeito de divulgar e dar a coñecer os recunchos máis fermosos da Estrada, unha maneira de divulgar tamén turisticamente o noso concello, e non só entre os veciños e veciñas”.

O BNG propón que o concello faga unha tirada importante para que os comercios e empresas que o desexen participen desta iniciativa. “Evidentemente, aínda que sobre subliñalo, tanto o reparto entre os veciños e veciñas como entre empresas e comercios, sería totalmente gratuíto”, explica.

Publicacións Relacionadas