O BNG da Estrada realizou no día de hoxe un roteiro para visitar e recordar todos os puntos relacionados con Castelao, que no seu día casou cunha veciña do noso concello, Virxinia Pereira. Partindo da igrexa de Ouzande, inmortalizada nun dos seus cadros, militantes e simpatizantes visitaron a Torre de Guimarei, o edificio da Farola, así como a casa e a tumba na que están enterrados Virxina Pereira e o seu fillo, onde o BNG fixo unha ofrenda floral.
Con este acto o BNG da Estrada quere poñer en valor non só a figura deste rianxeiro, cuxa traxectoria vital, artística e política, foi clave na configuración actual do noso país.