O BNG da Guarda demanda a conexión da rúa Baixo Muro coa rúa Ireira

adminON
Lectura mínima de 2

A Rúa Baixo Muro discorre ao pé da antiga muralla defensiva da  Guarda. O acceso a esta rúa, só é posible a través dunha escaleira,  que impide o tránsito de persoas con mobilidade reducida e dificulta enormemente a intervención dos servizos de urxencia (ambulancias, bombeiros, Policía Local, etc)  e mesmo a prestación de servizos tan básicos como a recollida de lixo.

En maio de 2021 foi aprobado á modificación puntual número 5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Guarda que tiña como finalidade  a conexión da Rúa Baixo Muro coa Rúa Ireira, para  dar cumprimento ás medidas á que obriga a lei en materia de accesibilidade.

Na actualidade, o expediente de expropiación está paralizado, e o Concello acaba de renunciar a unha partida do plan Concellos 22/23 para a execución da obra.

Aos problemas de accesibilidade que ten esta rúa,  hai que engadir tamén  que non conta con separación de pluviais e fecais o que provoca, pola orografía do terreo, filtracións  nos baixos das vivendas en determinados momentos do ano.

Por todos estes motivos o BNG a través do seu portavoz municipal, Anxo Baz ben de facer público a presentación dunha moción para que o Concello se comprometa no menor tempo posible a realización desta obra. O compromiso implicaría tamén que se  aborde simultaneamente os problemas de saneamento que existen na rúa e procedan á separación de fecais e pluviais en todo o trazado da rúa.

Comparte este artigo