HomePontevedraCaldasO BNG de Caldas convoca para este domingo 23 un acto público...

O BNG de Caldas convoca para este domingo 23 un acto público en defensa da nosa sanidade pública

- Anuncio -spot_img

Fariña: “Os caldenses merecemos unha sanidade pública de primeira calidade, non podemos esperar 15 días por unha consulta médica”

Nos últimos anos a sanidade pública Galega está a sufrir momentos duros, coa falta de médicos e as longas listas de espera para poder ser atendidos.
Dende o BNG reclamamos sempre unha atención digna e de calidade para as persoas.

Na comarca de Caldas os ataques a sanidade son cada vez máis visibles, o centro médico de
Moraña tampouco está ben dotado de médicos, polo que cando non poden ser atendidos no seu centro acoden ao PAC de Caldas, onde frecuentemente se atopan carteis que informan da falta de médicos e que os re dirixen ao PAC da parda a Pontevedra.

Durante as épocas máis duras da pandemia a Xunta aseguraba que os seus maiores esforzos estaban en loitar contra a covid, pero agora que xa convivimos coa pandemia seguimos a ver como temos centros de saúde cheos e doentes e sen médicos.

“É por todas estas situacións que convocamos a toda a poboación da comarca a vir este domingo 23 de outubro as 12h ao paseo Román López de Caldas de Reis (auditorio municipal en caso de chuvia), para denunciar esta situación e firmar a iniciativa lexislativa de SOS Sanidade pública” Afirmou Manuel Fariña.

No acto público participarán César Rajoy (sanitario), Manuel Fariña (portavoz municipal do BNG) e Montse Prado (deputada no Parlamento galego, responsábel de sanidade)

Non é a primeira vez que o BNG de Caldas convoca un acto en defensa da sanidade pública, en febreiro desde mesmo ano covocaron unha concentración cando a xunta retirou un facultativo do centro de saúde de Caldas de Reis. Con esta convocatoria o BNG reitera o seu compromiso coa veciñanza de Caldas e coa súa saúde.

Publicacións Relacionadas