Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena.
O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración dunha nova edición do “BNG ESCOITA”. Esta xornada de escoita terá lugar na Casa de Cultura de Dena, ás 21h, e está aberto a toda a veciñanza que desexe compartir as súas preocupacións e suxestións ca formación da oposición no concello.
Estarán presentesa Concelleira Rosana Domínguez, e a Deputada no Parlamento Galego Montse Prado.A xornada centrarase na seguridade peonil do concello, un tema de vital importancia para a formación nacionalista, que se compromete a recoller as medidas precisas e levalas a cabo no Pleno Municipal e no Parlamento Galego para garantir a seguridade dos viandantes nas rúas e camiños de Meaño.
En Dena foron eliminados dous pasos de peóns cruciais, un deles diante da Casa de Cultura, e outro no lugar de Coirón, onde ademáis a beirarrúa quedou nun estado lamentable e perigoso para os transeúntes.A seguiridade peonil tamén debe ser incrementada noutros puntos do concello onde hai accidentes con certa frecuencia.
Tamén se debaterán aqueles puntos onde a veciñanza considera que é preciso prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, xa que os nacionalistas consideran que os que hai non son suficientes.
O “BNG ESCOITA” é unha iniciativa que puxo en marcha o BNG meañés antes da campaña electoral das municipais e que lle devolveu a representación no pleno municipal. Consiste en achegarse á veciñanza e facela partícipe na política municipal a través de reunións onde se recollen as inquedanzas e aportacións dos veciñoscoa finalidade de conseguir avances para todas e todos.