Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño propón á Alcaldía que revise periodicamente o estado...

O BNG de Meaño propón á Alcaldía que revise periodicamente o estado de salubridade das fontes do municipio

- Anuncio -

O grupo municipal solicita que se cubra a praza de administrativo presente nos orzamentos

O BNG de Meaño solicitará á Alcaldía, na vindeira sesión plenaria ordinaria a celebrarse este xoves día 24 de setembro, que analice de xeito periódico o estado de salubridade das fontes do municipio, a fin de determinar a potabilidade da auga para uso dos veciños e veciñas. Tamén proporán que se teña como prioridade a existencia de vexetación nos espazos públicos, xa que hai moitas prazas do concello que non teñen sombra para poder desfrutalas os días de sol.

Denuncian a demora na convocatoria das subvencións en materia de cultura das que se nutren as diferentes asociacións culturais do concello. É imprescindible que a Alcaldía cubra inmediatamente a praza de administrativ@ que está pendente dende hai case un ano, pois a alta carga de traballo á que está sometido o persoal administrativo actual dificulta a xestión diaria do concello.

O BNG de Meaño critica a decisión da Alcaldía pola que o presente curso escolar a Escola Infantil Municipal ve reducido o seu horario en dúas horas na quenda da tarde. O grupo da oposición solicitou a relación de alumnado matriculado segundo a franxa horaria demandada mais non tivo resposta por parte do Goberno Municipal.

Logo de coñecer o estudo encargado polo Goberno do PP da Xunta de Galiza para incentivar procesos de agrupación municipal -onde se propón a fusión dos concellos de Meaño e Sanxenxo- o BNG de Meaño oponse a dita unión, pois considera que non suporía ningunha mellora para a vida dos meañeses e meañesas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas