HomeO SalnésMeisO BNG de Meis, ante a falta de resposta por parte da...

O BNG de Meis, ante a falta de resposta por parte da alcaldía, ven de presentar un 2º rogo para que se manteñan, durante a remodelación do pavillón municipal, as actividades de xerontoximnasia e pilates e se aproveite a situación para ampliar ditas actividades o resto de parroquias do concello

- Anuncio -spot_img

O 12 de setembro o BNG rexistrou un rogo para que se mantiveran as actividades de xerontoximnasia e pilates en locais alternativos ante a remodelación do pavillón municipal.

A día de hoxe aínda non obtivemos ningún tipo de resposta, nin se fixo pública ningunha disposición da alcaldía a este respecto, ante o cal a veciñanza puxo no noso coñecemento o temor a que estas actividades queden suspendidas até a próxima apertura do pavillón.

Estas actividades deportivas para persoas maiores non poden parar porque as benefician en tres aspectos que consideramos primordiais;

1/ Unha mellora do seu estado físico e mental.

2/ A posibilidade de realizar estas actividades sen ter que desprazarse, dado que moitas/os usuarias/os non teñen medios para facelo.

3/ Uns prezos alcanzábeis para persoas con diferentes recursos.

Polo tanto o BNG de Meis pide que se manteñan estas actividades, procurando locais alternativos, en locais de propiedade municipal ou locais pertencentes a asociacións ou comunidades, chegando a acordos con estas entidades no caso de ser preciso.

Tamén solicitamos que, aproveitando esta situación de procura de locais, se amplíen as actividades a outras parroquias do concello para ofertar un mellor servizo á comunidade ou se posibilite o transporte por medios públicos, xa que hai persoas que non posúen medios para desprazarse e tamén se verían beneficiadas deste servizo.

Publicacións Relacionadas