Home O Salnés Meis O BNG de Meis esixe unha solución ao parque infantil no entorno...

O BNG de Meis esixe unha solución ao parque infantil no entorno do colexio de Armenteira

- Anuncio -

O BNG de Meis mantivo unha reunión con representantes do colexio da Armenteira onde fixeron especial fincapé e amosaron preocupación en relación co estado do parque de xogos infantil que usa o alumnado do colexio, e para o cal teñen unha porta exclusiva para a súa saída.

Despois de comprobar o estado das instalacións, é obvio o estado de degradación e abandono que presenta ese parque, representando un perigo moi elevado para o alumnado e os nenos e nenas que a el se acerquen. Presenta deficiencias estruturais dende a valla perimetral até os columpios, ferraxes no chan e alto risco de accidente en caso de uso. Tamén consideramos altamente deficiente a precintaxe do recinto que non impide que calquera neno ou nena poida acceder ao mesmo sen ser conscientes da perigosidade.

Despois de moito tempo agardando por unha solución ao parque infantil e visto que esta non parece chegar tras todo este tempo transcorrido e tras varias solicitudes para darlle unha solución. Por esta razón o bng pídelle á equipa de goberno de Meis:

  1. Que por parte da Alcaldía se leven a cabo as actuacións necesarias para arranxar estas deficiencias ou, no seu caso, facer un novo parque infantil e aproveitar o espazo sobrante para por aparellos deportivos para as persoas maiores.
  2. Que se proceda INMEDIATAMENTE á demolición do parque, dende a valla perimetral á totalidade do equipamento, até que se comecen coas actuacións para o seu arranxo polo grave risco que representa no seu estado actual.

Relacionadas

O concello de Nigrán cobre a capacidade de inscricións para o camiño ‘5 Miradoiros’...

0
A proba que combina deporte, natureza e vistas espectaculares reúne a un 35% de participantes femininas, unha porcentaxe moi alta neste tipo de competicións O...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,5 millóns de € para...

0
Os novos recursos beneficiarán aos concellos da Cañiza, Cangas, Marín, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa A Deputación acaba de aprobar en Xunta...

A Oficina de turismo, a praia do Muíño e 10 establecementos turísticos do Concello...

0
O pasado mércores 10 de abril celebrouse no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo a Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra, evento...

Salceda consegue máis de 2500 metros cadrados de chan para equipamentos xunto ao Centro...

0
Ademais conséguense máis de 1000 metros cadrados para destinar a vivenda protexida O Boletín Oficial de Pontevedra publicou o pasado 17 de abril a aprobación...

EuRural participa como experto nun foro europeo de innovación no rural liderada por mulleres

0
Está estes días en Cracovia no ‘Women-led innovations in agriculture and rural areas, un encontro no que intercambiar experiencias e tecer redes de colaboración As...

Tomiño con acento francés

0
O IES Antón Alonso Ríos recibe ao alumnado do Lycée Boucher de Perthes tras o paso do estudantado tomiñés por Abbeville o pasado mes...

Publicacións Relacionadas