Home O Salnés Meis O BNG de Meis opina sobre a situación da Casa da Cultura...

O BNG de Meis opina sobre a situación da Casa da Cultura de Paradela

- Anuncio -

Nos orzamentos de 2022 o BNG, despois de atender as peticións da veciñanza de Paradela, logrou incluír unha partida orzamentaria que permitía aprobar os orzamentos coa nosa abstención. Esta partida incluía: o pintado interno e externo, a reparación integral do tellado, a colocación dunha rampla externa para facilitar a accesibilidade, transporte e manexo do equipamento ao piso superior e o acondicionamento do exterior da casa da cultura de Paradela.

No pleno ordinario do 27/01/2023 o BNG de Meis preguntou sobre a situación actual da casa da cultura de Paradela, pois a día de hoxe aínda non se fixo o arranxo orzamentado e coas chuvias dos últimos tempos a casa da cultura está totalmente anegada impedindo calquera tipo de actividade coa máis mínima normalidade.

A alcaldesa recoñeceu en pleno a situación da casa da cultura e comprometeuse a facer unha reparación integral comezando polo tellado e levando a cabo o pactado co BNG nos orzamentos do 2022.

Desde o BNG ficamos satisfeitos coa promesa plenaria da alcaldesa e lembramos que no noso boletín de Abril do 2022 xa sacamos na portada que o arranxo integral da casa da cultura estaba nos orzamentos pois foi un acordo do BNG coa veciñanza de Paradela. Desde o BNG urximos esta actuación dada a situación actual da casa da cultura que impide o seu uso normal e o prexuízo que iso lle causa á veciñanza.

Relacionadas

Máis de 20 especies identificadas polo seu canto nas rutas da lingua das aves

0
O Concello celebra o grande éxito de participación na iniciativa, que tivo que organizar dúas saídas tras a gran demanda por parte do público Grande...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Baiona fomenta a lectura entre as persoas deportistas para conmemorar o Día Internacional do...

0
A concellería de Deportes organizou a “Semana do Libro” co obxectivo de fomentar a lectura e combinala co deporte para conmemorar o Día Internacional...

Publicacións Relacionadas