Home O Salnés Meis O BNG de Meis solicita que lle faga entrega da resolución do...

O BNG de Meis solicita que lle faga entrega da resolución do expediente sancionador á concesionaria do Albergue de Armenteira e, de ser o caso, a sanción imposta

- Anuncio -

O BNG de Meis volveu preguntar, por terceira vez, sobre o expediente aberto á concesionaria do albergue de peregrinos da Armenteira. Xa levamos máis de 5 meses dende o inicio do expediente e debido á gravidade dos feitos denunciados é necesario dar a coñecer a resolución adoptada para poder trasladala á cidadanía e que non se instale a sensación, que xa está a suceder, de trato de favor á concesionaria do albergue por parte da alcaldía.

Levamos dende o día 25 de abril de 2022 que o BNG de Meis pon en coñecemento da alcaldía gravísimos incumprimentos por parte da concesionaria. No pleno do 27 de maio sae adiante unha moción do BNG para a resolución do contrato, pero a alcaldía decide non cumprir o mandato democrático do pleno alegando que o día 10 de maio se iniciou un expediente sancionador e están a espera da resolución do expediente para proceder á sanción que teña lugar.

Pasados máis de 5 meses dende o inicio do expediente sancionador, lembremos que por feitos moi graves tal e como constan no propio expediente sancionador, aínda non sabemos nada da resolución de dito expediente, a pesar de facer o BNG unha pregunta no pleno de Xullo e presentar un rogo fai máis dun mes, o cal xera unha sensación de incredulidade e favoritismo que fai moito dano á imaxe do noso concello.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas