Home O Salnés Meis O BNG de Meis ven de presentar un rogo para que se...

O BNG de Meis ven de presentar un rogo para que se manteñan, durante a remodelación do Pavillón Municipal, as actividades de xerontoximnasia e pilates buscando locais alternativos e se amplíen as actividade a outras parroquias do concello

- Anuncio -

Despois de moitas preguntas por parte da veciñanza de que sucederá coas actividades deportivas do concello, ante a remodelación do pavillón municipal que durará meses, o BNG quere resaltar que as actividades deportivas para persoas maiores non poden parar porque beneficiaban a estas persoas en tres aspectos que consideramos primordiais; unha mellora do seu estado físico e mental, a posibilidade de realizar estas actividades sen ter que desprazarse, dado que moitas/os usuarias/os non teñen medios para facelo e a uns prezos alcanzábeis para persoas con diferentes recursos.

En definitiva, o servizo prestaba unha serie de beneficios socias e comunitarios, como manter a actividade física das persoas adultas, mellorando a súa saúde física e mobilidade e tamén o seu benestar mental.

Polo tanto o BNG de Meis considera que, inda que consideramos o servizo necesario para todas as franxas de idade, parécenos imprescindíbel no caso dos nosos maiores, nomeadamente a xerontoximnasia e a actividade de pilates.

Pedimos así, que se manteñan as actividades que se ofertaban para esta franxa de idade, buscando locais alternativos, en locais de propiedade municipal ou locais pertencentes a asociacións ou comunidades, chegando a acordos con estas entidades no caso de ser preciso.

Tamén solicitamos que ademais na zona do Mosteiro se amplíen as actividades a outras parroquias do concello para ofertar un mellor servizo á comunidade ou se posibilite o transporte por medios públicos, xa que hai persoas que non posúen medios para desprazarse e tamén se verían beneficiadas deste servizo.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas