O BNG de Ogrobe presenta unha moción para o próximo pleno na que solicita se tomen medidas para a accesibilidade e mobilidade das persoas

adminON
Lectura mínima de 2

O BNG de Ogrobe presenta unha moción para o próximo pleno na que solicita se tomen  medidas para a accesibilidade e mobilidade das persoas. 

O voceiro Anselmo Noia, denuncia un problema que se alonga no tempo e ó que non se  lle presta a debida atención: a situación de postes no medio e medio das beirarrúas  que obrigan a baixarse delas ás persoas así como impiden o paso de carriños de bebé  ou cadeiras de rodas.  

Asemade, moitos destes postes de madeira semellan un deterioro grave, que pode  poñer en perigo ás persoas.  

E xa para rematar a estética que nos deixa é a dun pobo atrasado e terceiromundista,  moi lonxe da imaxen limpa e moderna que lle corresponde a un pobo de exquisitez  turística 

Este problema salpica a todo o término municipal e perdura no tempo, a veces desde a  propia creación da rúa.  

O caso da Avda. Portugal pero tamén da Estrada do Conde ou na Rúa do Vento son  exemplos claros da deixadez das compañías subministradoras e da deixadez de  funcións do goberno do sr. Cacabelos, non exixindo os arranxos oportunos nos  momentos adecuados. 

Na moción o BNG local insta ó goberno municipal a que se tomen cartas no asunto,  exixan ás empresas de telecomunicacións a retirada e/ou supresión dos postes, que se  realizen inspeccións de seguridade de todos eles e que se elaboren e executen  proxectos específicos tendentes á eliminación do cableado aéreo, máis aínda nos  proxectos que se executen de novo, cousa que non se está a facer.  

En arquivo adxunto fotos de dúas rúas que pola súa perigosidade e gravidade motivan  esta moción.

Comparte este artigo