O BNG de Poio solicitará o apoio do Pleno para os traballadores de Valoriza

adminON
Lectura mínima de 3

O PP de Poio co seu silencio é cómplice da empresa e dos seus incumprimentos.

O BNG de Poio reuniuse esta semana cos traballadores da empresa Valoriza – que presta servizo de recollida do lixo no Concello de Poio- os traballadores anunciaban unha folga indefinida por falta de acordo na negociación do convenio colectivo, entre as demandas solicitan o recoñecemento da subida do IPC destes últimos anos, así como do actual.

Dende a agrupación nacionalista instamos ao goberno local  que solicite á empresa  para  que actualice os salarios dos traballadores que neste momento están desactualizados e acumulan unha merma económica de máis dun 17 por cento, o que provoca que os traballadores teñan unha situación “ insostíbel”

O goberno local  incrementou á concesionaria  o importe do IPC. No último pleno de Xuño aprobouse unha subida salarial correspondente a revisión de prezos do último ano. Sorprende que esta subida que a concesionaria esixe cada ano só sexa para beneficio da empresa e non para subir o que por lei corresponde aos soldos dos traballadores.

A diferencia de Poio, todos os convenios da limpeza con Valoriza doutros concellos están sendo actualizados. Esta claro que a plantilla de Poio sofre unha discriminación provocada pola  mala xestión e a pasividade do goberno do PP. O  Sr. Moldes perseguía a Valoriza na oposición por cuestións que non afectaban  aos veciños de Poio, agora que pode esixir á empresa o cumprimento do prego de condicións para renovar camións e colectores, mira para outro lado. Incluso sorprende que non se reunira cos traballadores do servizo, veciños de Poio, para escoitar de primeira man as súas problemáticas intentando mediar no conflito coa empresa.

Dende o BNG tras escoitar as demandas da plantilla ,na reunión mantida esta semana, trasladamos o noso apoio  e concluímos  “ instar no Pleno ao Goberno Local para que se implique na problemática dos traballadores”. O Concello ten competencias para sancionar a empresa por incumprimento do contrato e non actúa, e agora deixa de lado aos traballadores de Poio que precisan da súa  implicación  dado que son administración responsábel.

Comparte este artigo