Home Pontevedra O BNG de Soutomaior propón un proxecto integral para eliminar as barreiras...

O BNG de Soutomaior propón un proxecto integral para eliminar as barreiras arquitectónicas

- Anuncio -

Manu Lourenzo: “Precisamos un Soutomaior ordenado, limpo e no que avancemos en accesibilidade para que mellore a vida de toda a veciñanza”

O BNG de Soutomaior reuniuse esta semana cun grupo de veciñas e veciños con mobilidade reducida para abordar os problemas de mobilidade e accesibilidade do Concello de Soutomaior. Na xuntanza que tivo lugar despois de que algúns destes veciños se puxesen en contacto co portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, estas persoas explicaron que levan anos denunciando estes problemas no Concello sen que ninguén se preocupe pola súa situación.

“Imos a cemiterio e atopamos a rampa de acceso que dá á folla da porta que está pechada permanentemente, non hai acceso en ningunha zona de baño do concello, e as beirarrúas de todo o concello son un despropósito, xa non é que non sexan accesibles, é que o nivel de abandono é tal que ata son perigosas para nós”, trasladaron estes veciños ao BNG.

Manu Lourenzo sinalou que “levamos hai xa case 2 anos unha iniciativa para mellorar a mobilidade ao pleno municipal pero non se adoptou nin unha soa medida seria. Estes veciños vense na obriga de circular pola estrada nun concello que ten un tráfico caótico. No pleno convidamos ao goberno a acompañar a estes veciños en cadeira de rodas para que eles mesmos puidesen ver cal era a situación, pero unha vez máis non se fixo nada. Esta actitude só se pode explicar polo abandono do goberno local porque a maioría destas actuacións nin sequera terían un custo elevado”.

Dende o BNG comprometéronse con estas persoas a lanzar dende a primeira xunta de goberno un proxecto integral para a mellora da accesibilidade en Soutomaior que elimine estes obstáculos. “Precisamos un novo Soutomaior pensado para as persoas, no que a mobilidade e accesibilidade sexan un dereito, e traballaremos para acadalo”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas