Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O BNG de Vigo acusa a Caballero de vandalizar a “Fiestra á...

O BNG de Vigo acusa a Caballero de vandalizar a “Fiestra á Liberdade” que homenaxea a resistencia antifranquista

- Anuncio -

O monolito, instalado no Calvario, foi utilizado este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelios

Xabier P. Igrexas: “O desprezo pola memoria histórica é un insulto a todas as e os demócratas. E especialmente inaceptábel e ofensivo cando provén dun alcalde que se afirma progresista e que reivindica ter sido exiliado polo franquismo”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno municipal de Abel Caballero volveu “vandalizar” o monumento “Fiestra á liberdade”, instalado no Calvario en homeaxe á resistencia antifranquista, utilizándoo este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelios.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou este novo desprezo cara a unha peza escultórica que marca un lugar de memoria en homenaxe de “todas as persoas que deron a súa vida en defensa da liberdade”, nun emprazamento no que en xullo de 1936 se ergueran barricadas populares para frear o golpe fascista.

É a segunda vez en poucos meses que se utiliza esta peza escultórica de Francisco Pazos, xa que durante o pasado nadal se colocaran ao seu carón atraccións de feira.

“O alcalde que mantén en pé a cruz franquista do Castro e que completou o skyline fascista da cidade coa instalación do Sagrado Corazón na ermida da Guía, volve demostrar o seu profundo desprezo contra a memoria histórica e democrática da cidade, reducindo este monumento no Calvario a un poste”, reprochou Igrexas.

O candidato nacionalista lembrou que foi precisamente por impulso do BNG desde o Goberno municipal que se dignificou este “lugar de memoria”, co monolito inaugurado en marzo de 2011, despois de retirar o escudo franquista da Casa das Artes ou de incluír no rueiro da cidade o nome de represaliadas e resitentes contra a ditadura franquista.

“O desprezo pola memoria histórica é un insulto a todas as e os demócratas. E especialmente inaceptábel e ofensivo cando provén dun alcalde que se afirma progresista e que reivindica ter sido exiliado polo franquismo”, remachou.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas