Home Pontevedra O BNG de Vigo acusa o goberno de Abel Caballero de “consentir...

O BNG de Vigo acusa o goberno de Abel Caballero de “consentir un atentado urbanístico” nas Illas Cíes

- Anuncio -

A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións do Concello diante das obras “ilegais” para ampliar 3 vivendas e construír 2 naves sen informes nin licenzas, así como por tardar 7 anos en realizar a primeira inspección

Xabier P. Igrexas: “É un escándalo que o mesmo Goberno municipal que fixo bandeira das Cíes como Patrimonio da Humanidade teña sido cooperador necesario, por acción ou omisión, para permitir unhas obras ilegais e que estas fiquen impunes”

O Bloque Nacionalista Galego acusa o goberno de Abel Caballero de “consentir un atentado urbanístico” nas Illas Cíes. A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións do Concello diante das obras “ilegais” para ampliar 3 vivendas e construír 2 naves sen contar cos informes sectoriais preceptivos nin as licenzas urbanísticas, así como por tardar 7 anos (de 2015 a 2022) en realizar a primeira inspección.

“O BNG interpelamos a concelleira María José Caride para lle demandar que explicase que actuacións tiña adoptado dende que se tivo coñecemento destas obras ilegais”, denunciou o concelleiro e portavoz nacionalista na cidade, Xabier P. Igrexas, que lamentou a falla de respostas por parte da responsábel de Urbanismo no último Consello da Xerencia Municipal.

Igrexas avanzou que o Bloque “non vai permitir nin tolerar que esta actuación continúe na opacidade”, polo que urxiu a Caride para que dea a cara. “O Concello de Vigo ten que acutar de maneira enérxica en contra deste atentado urbanístico nun ámbito tan importante e protexido como as Cíes”, demandou o portavoz do BNG, que asegurou que estes casos, que afectan a catro parcelas, están perfectamente documentados.

“É un escándalo que o mesmo Goberno municipal que fixo bandeira da defensa das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade teña sido cooperador necesario, por acción ou por omisión, para permitir unhas obras ilegais e que estas fiquen impunes”, remachou o edil nacionalista.

Relacionadas

Continúa a restauración ambiental do río Couso

0
O sábado 4 de maio retomamos as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies...

A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que...

Cuntis pechou o primeiro trimestre de 2024 co seu rexistro de desemprego máis baixo...

0
• O alcalde, Manuel Campos, participou este mércores nunha reunión de traballo do Programa Integrado de Emprego (PIE), do que forma parte o Concello...

O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un convenio dentro...

0
Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns...

O Ciclo de Música de Barcia de Mera sube o pano este sábado ás...

0
A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o primeiro concerto a cargo de Vox Stellae A igrexa de San Martiño de Barcia...

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia...

0
A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela O...

Publicacións Relacionadas