HomePontevedraO BNG de Vigo alerta de que o servizo de bus urbano...

O BNG de Vigo alerta de que o servizo de bus urbano está no “limbo” a días da fin da concesión de Vitrasa

- Anuncio -spot_img

Demanda información sobre a prórroga técnica anunciada polo alcalde e sobre os pregos do novo contrato diante do vencemento do actual o vindeiro 7 de xuño

Insiste na “oportunidade histórica” para a cidade apostando pola remunicipalizaciónXabier P. Igrexas: “O modelo privatizado xa se demostrou un pésimo negocio cun servizo deficiente e insuficiente, no que a única beneficiaria foi a empresa concesionaria”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) alerta de que o servizo de bus urbano de Vigo está no “limbo” a días de que finalice a actual concesión de Vitrasa o vindeiro 7 de xuño. A fronte nacionalista vén de demandar transparencia sobre a prórroga técnica avanzada polo alcalde, da que non consta tramitación en curso, e tamén sobre os pregos do novo contrato anunciado de forma oficial hai un mes.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou este xoves a “absoluta falla de información” do Goberno municipal sobre o futuro deste servizo esencial “máis alá de declaracións xenéricas de Abel Caballero”. Do mesmo xeito, reiterou a necesidade de convocar o Consello Sectorial de Transportes do Concello para abordar coa “máxima participación e diálogo” as condicións para mellorar o actual servizo de bus.

Dende o Bloque insistiron na “enorme oportunidade histórica” para a cidade que supón a fin da concesión de Vitrasa, “mesmo asumindo unha nova prórroga técnica por uns meses”. A ese respecto, Igrexas volveu trasladar a proposta para constituír unha empresa municipal de transportes que permita a remunicipalización, a xestión pública do servizo, na liña doutras cidades galegas e do Estado, moitas delas alcaldías do PSOE.

“Temos na nosa man evitar que se hipoteque dez anos máis a cidade cun modelo de transporte privatizado e insuficiente”, defendeu o portavoz municipal do BNG, quen considerou que o actual modelo de transporte urbano se demostrou un “pésimo negocio para o interese público cuxa única beneficiaria foi a empresa concesionaria”.

Deficiente servizo actual

O voceiro do Bloque criticou o “deficiente e insuficiente” servizo actual, acusando a concesionaria de recortar 250 frecuencias diarias despois da pandemia, coa “complicidade” do Goberno local, e de contar cun mapa de liñas “obsoleto” que non conecta os barrios e parroquias de Vigo.

Na mesma liña, cuestionou as longas esperas nas paradas, o acabalgamento de buses, o escaso servizo nocturno ou a imposición de frecuencias variábeis. “Todo co billete e tarifas bonificadas máis caras de todas as cidades galegas e das máis elevadas do conxunto do Estado”, lamentou Igrexas.Dende a fronte nacionalista defenderon a urxencia dun cambio de modelo do transporte urbano para que Vigo sexa unha cidade “máis habitábel, sustentábel e verde”, facendo do bus unha “alternativa real” ao uso do vehículo privado.

Publicacións Relacionadas