Home Pontevedra O BNG de Vigo demanda máis frecuencias de bus urbano, abaratar o...

O BNG de Vigo demanda máis frecuencias de bus urbano, abaratar o billete e unha revisión do mapa de liñas

- Anuncio -

A fronte nacionalista chama a apostar por un novo modelo de mobilidade ante o «deficiente» servizo de Vitrasa para dar unha alternativa real ao uso do vehículo privado

Xabier P. Igrexas: «O Concello ten que facer un esforzo decidido para dotar a unha cidade metropolitana de preto de 300 mil habitantes dun servizo de bus a súa altura»

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de demandar este xoves, con motivo do Día Mundial sen Coche, unha ampliación das frecuencias do autobús urbano, abaratar o prezo do billete e unha revisión do actual mapa de liñas. A fronte nacionalista chama a apostar por un novo modelo de mobilidade ante o «deficiente» servizo ofrecido por Vitrasa e para dar á veciñanza unha alternativa real ao uso do vehículo privado.

«Temos o reto como cidade de facer que todos os días en Vigo poidan ser días sen coche», defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que pediu avances substanciais nesta materia máis alá de «anuncios cosméticos ou medidas aparenciais» como a gratuidade nalgunhas liñas de bus durante esta xornada.

Nese sentido, Igrexas propuxo incrementar as frecuencias de Vitrasa, diante da escasa oferta actual, e unha revisión do mapa de liñas para conectar de verdade o conxunto dos barrios e parroquias de Vigo. Ademais, pediu mellorar os enlaces con instalacións e servizos básicos, como as estacións de transporte, os centros médicos e o campus universitario, así como reforzar o bus nocturno, especialmente para a mocidade.

O edil nacionalista urxiu tamén un abaratamento permanente do prezo do billete que, segundo un estudo recente de Facua, está entre os máis caros das principais cidades do Estado español. «O Concello ten que facer un esforzo decidido para dotar a unha cidade metropolitana de preto de 300 mil habitantes como Vigo dun servizo de bus a súa altura», salientou, «para brindarlle a todas as viguesas e vigueses a oportunidade real de non verse obrigadas e obrigados a utilizar o coche para desprazarse na cidade».

O concelleiro do BNG reiterou a necesidade de facer unha aposta estratéxica pola mobilidade colectiva tamén como solución aos recorrentes problemas de atascos que padece a cidade, con até 46 horas ao ano de retencións en diferentes puntos da cidade. “É necesario e urxente apostarmos nun novo modelo de mobilidade máis eficiente, moderno e sustentábel en termos ecolóxicos que ten que pivotar nunha potenciación do uso de bus urbano”, demandou, de vez que cuestionou o modelo actual por funcionar sobre un esquema «obsoleto» do ano 1994.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas