HomePontevedraO BNG de Vigo demanda medidas preventivas para reducir o consumo de...

O BNG de Vigo demanda medidas preventivas para reducir o consumo de auga na cidade

- Anuncio -spot_img

Propón restricións no regadío, fontes ornamentais e baldeo con auga potábel, xunto cun plan de xestión sostible para minimizar perdas na rede

Pide realizar unha auditoría integral na rede de subministro para reducir as fugas

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir perdendo auga por tubaxes obsoletas nin baldeando rúas con auga de beber”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclamou hoxe ao Goberno municipal de Abel Caballero que adopte medidas preventivas inmediatas para reducir o consumo de auga en Vigo, ante a preocupante evolución nos encoros de Eiras e Zamáns.

O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, alertou que o embalse de Eiras, principal fonte de subministro da cidade, ten un 20% menos de auga que en 2024 e está 10 puntos por debaixo da media da última década, o que require actuacións urxentes e un cambio no modelo de xestión para garantir a sustentabilidade.

A pesar de que ambos os embalses manteñen un 80% da súa capacidade, a evolución do embalse de Eiras é especialmente preocupante, cun descenso que comezou cinco semanas antes que en 2024 e un mes antes que en 2023. “Se ben ambos teñen arestora un 80% da súa capacidade, resulta preocupante a evolución en Eiras, que ten un nivel de auga case un 20% inferior ao que se rexistraba nesta mesma altura de ano en 2024”, sinalou Igrexas. Sen previsión de choivas nas próximas dúas semanas e coas altas temperaturas, o BNG considera imprescindible actuar de forma preventiva para evitar un agravamento da situación.

Medidas preventivas inmediatas

O BNG propón restricións urxentes.“Demandamos ao Goberno de Abel Caballero que aplique restricións no regadío das zonas de axardinamento público, no funcionamento das fontes ornamentais da cidade e que se evite seguir baldeando as rúas con auga potábel”, afirmou Igrexas. Estas medidas buscan preservar un recurso esencial nun contexto de crecente escaseza.

Alén das accións inmediatas, o BNG defende a necesidade dunha xestión racional e sustentábel da auga, mediante un plan que inclúa unha auditoría integral da rede de subministro para reducir as perdas por fugas en tubaxes obsoletas. “A auga é un ben esencial e escaso, que debemos xestionar con responsabilidade e facendo prevalecer o interese público”, subliñou Igrexas. 

Publicacións Relacionadas