Home Pontevedra O BNG de Vigo urxe a Caballero a executar as medidas aprobadas...

O BNG de Vigo urxe a Caballero a executar as medidas aprobadas polo Pleno en favor do benestar animal

- Anuncio -

Dous anos despois de aprobada a moción do Bloque na que se declarou formalmente Vigo como “cidade contraria a todas as formas de maltrato animal” o Goberno municipal non executou ningunha das 13 medidas concretas

Xabier P. Igrexas: “Avanzarmos cara unha cidade máis sustentábel pasa tamén pola adopción de medidas concretas que coloquen Vigo na vangarda do benestar animal”

O Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno municipal de Vigo que execute as medidas que foron aprobadas polo Pleno en favor do benestar animal na cidade.

O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, lembra que en decembro de 2022 foi aprobada unha moción nacionalista en favor do benestar animal coa que o Pleno declaraba formalmente Vigo como “cidade contraria a todas as formas de maltrato animal, incluídas as touradas como expresión de tortura.

“Pero vemos como transcorridos máis de dous anos o Goberno municipal de Abel Caballero non aplicou nin unha soa das 13 medidas concretas que se recollían nese acordo plenario”, critica.

Igrexas subliñou que para o BNG “avanzarmos cara unha cidade máis sustentábel pasa tamén pola adopción de medidas concretas que coloquen Vigo na vangarda do benestar animal, despregando máis medios e recursos a esta finalidade así como actualizando o marco normativo municipal, co compromiso firme de nos configurar como unha cidade libre de maltrato animal”.

Medidas pendentes

Desde o BNG sinalan as medidas pendentes, como que Vigo continúa sen dotarse dunha nova Ordenanza municipal de Protección e benestar animal, e tampouco se teña superado o modelo exhibicionista de VigoZoo no que o único que se ten feito é un cambio de aparencia e convertelo nun parque multiaventuras en lugar de nun centro de recuperación e estudo da fauna e un espazo de sensibilización ambiental.

Ven ademais con “enorme preocupación” como a xestión privatizada a través dunha empresa non só non resolveu algunhas insuficiencias do Centro de Recollida de Animais da Madroa. Lonxe de avanzar para atinxir o obxectivo de “sacrificio cero”, como xa denunciaron semanas atrás, hai indicios de uso inxustificado da eutanasia veterinaria.

Tampouco se teñen despregado novos convenios de axuda a entidades non lucrativas de protección aninal, senón que se ten colocado a entidades históricas como a Sociedade Protectora nunha situación límite por falla de apoio municipal.

Ademais, continúa sen garantirse plenamente a aplicación do método CES (Captura, Esterilización e Solta) para controlar o número de gatos na rúa, nin tampouco se quixeron poñer en marcha de medidas preventivas e disuasorias para a fauna silvestre, así como a implementación de pasos seguros que eviten a sinistralidade vial.

Igrexas criticou que o Goberno de Caballero segue instalado en “anacrónicas políticas que impiden o acceso de animais domésticos a instalacións públicas, o servizo de bus ou o albergue da cidade, cando vemos como si poden acceder en calquera centro comercial”.

Aliás, o executivo local insiste inexplicabelmente na equivocación de limitar o acceso de animais só as praias da Calzoa e Foz, provocando unha elevada presión ambiental nesa contorna tal e como ten denunciado a veciñanza e colectivos ambientais.

Outras das medidas que non se teñen materializado son a renovación dos parques caninos da praza García Picher e da Ponte Nova e creación de novos espazos urbanos para o esparcemento canino; despregar un programa municipal de esterilización de animais domésticos, que inclúa a prestación gratuíta para persoas de baixos recursos; realizar un maior esforzo na promoción da adopción de animais; estudar a posta en marcha dun servizo veterinario municipal, con tarifas reducidas e servizos gratuítos para persoas sen fogar e de baixos recursos; e pular pola limitación estrita da práctica da caza en todo o termo municipal, cara a súa desaparición.

“Vemos como o Goberno municipal de Caballero continúa a virarlle as costas a unha cidadanía que ten a cada vez unha maior sensibilidade ambiental e un maior compromiso social cos dereitos dos animais”, remacha Igrexas. Por iso, desde o BNG reclaman que se executen as medidas acordadas polo Pleno co obxectivo de “referenciar Vigo na vangarda da protección do benestar animal”.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas