Home Pontevedra O BNG de Vigo urxe paralizar o desaloxo do club de remo...

O BNG de Vigo urxe paralizar o desaloxo do club de remo Virxe da Guía e garantir un local alternativo

- Anuncio -

A fronte nacionalista critica a expulsión ordenada por Zona Franca do local que cedeu ao club deportivo na ETEA, após os graves danos na súa sede na Punta do Areiño

Filipe Abalde: “É incomprensíbel que o Goberno local, a pesar de coñecer a situación, non teña movido un só dedo para evitar que queden literalmente na rúa dentro de 72 horas”


O Bloque Nacionalista Galego urxe paralizar o desaloxo do club de remo Virxe da Guía previsto para este 1 de febreiro e garantir un local alternativo para a súa actividade. A fronte nacionalista critica a expulsión ordenada por Zona Franca do local que cedeu “en precario” ao club deportivo na ETEA, onde se trasladaron despois dos graves danos na súa sede na Punta do Areiño hai un ano.

“O BNG dirixímonos tanto ao alcalde, Abel Caballero, como ao delegado da Zona Franca, David Regades, para lles reclamar que actúen ante a situación límite do club, e para evitar os gravísimos e irreparábeis prexuízos que padecería por este desaloxo, precisamente no inicio da temporada deportiva”, demandou o concelleiro do BNG de Vigo, Filipe Abalde.

O edil nacionalista lembrou que o propio Goberno municipal comprometera a cesión e reforma do local que utilizaba o club na Punta do Areiño, titularidade do Servizo Provincial de Costas. Porén, pasados dous anos “nada se sabe desa promesa”, afeou Abalde, e o espazo continúa inutilizábel após os danos sufridos no tellado en febreiro de 2024.

“E agora a Zona Franca vén de ordenar o desaloxo do baixo do edificio Siemens que lles cedou na ETEA sen dar ningún motivo ou causa concreta”, criticou o concelleiro do Bloque, tachando de “inaceptábel” que dúas administracións públicas dirixidas polo mesmo PSOE “castiguen deste xeito a un club que conta con 40 anos de historia e que é referente en remo”.

Por estes motivos, dende o BNG esixen que Zona Franca suspenda de inmediato a orde de desaloxo prevista para este 1 de febreiro mentres o Goberno municipal non facilita outro local ao club ou se repara a súa sede. “Resulta incomprensíbel que desde a concellaría de Deportes que dirixe Manel Fernández, a pesar de ter completo coñecemento desta situación, non se teña movido un só dedo”, afeou..

O concelleiro do Bloque advertiu que, de non facerse, o club deportivo da cidade “vai quedar literalmente na rúa dentro de 72 horas”, o que para a fronte nacionalista é un “exemplo máis da nefasta política coa que o Goberno de Caballero maltrata ao deporte vigués”.

Relacionadas

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Publicacións Relacionadas