Home Pontevedra O BNG demanda 135 millóns máis para Vigo fronte á “tomadura de...

O BNG demanda 135 millóns máis para Vigo fronte á “tomadura de pelo” dos orzamentos da Xunta para 2023

- Anuncio -

A fronte nacionalista formula un “amplo e ambicioso” paquete de emendas para reverter unhas contas que “insisten no abandono e na desatención das necesidades” de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Urxe un cambio de Goberno galego, porque precisamos dunha Xunta que se convirta nunha aliada activa de Vigo para comezar a saldar débedas históricas coa nosa cidade”

Carmela González: “Estes presupostos da Xunta non responden á grave situación de crise que está afogando a miles de galegas e galegos”

VIGO, 24 de novembro 2022.- O Bloque Nacionalista Galego de Vigo defende un aumento de 135 millóns de euros para a cidade fronte á “tomadura de pelo” do proxecto de orzamentos da Xunta de Galiza para 2023. A fronte nacionalista vén de formular un “amplo e ambicioso” paquete de emendas para reverter unhas contas do goberno do PP que “insisten no abandono e na desatención das necesidades” da cidade e “castigan ás viguesas e vigueses cuns presupostos absolutamente inxustos”.

“Este proxecto de orzamentos da Xunta insiste de maneira tan teimuda como intolerábel na política de total abandono que o PP leva aplicando contra a maior cidade de Galiza desde hai 13 anos”, reprochou este xoves o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que compareceu en rolda de prensa acompañado da deputada nacionalista no Parlamento Galego, Carmela González.

O candidato do Bloque criticou que o Goberno galego continúe a “desertar das súas competencias” na maior cidade de Galiza cun proxecto de contas que, a xuízo do edil nacionalista, demostra o “nulo peso político da Delegada da Xunta e candidata do PP de Vigo” a quen acusou de actuar como “comisaria de propaganda” do seu partido para “defender o indefendíbel”.

Igrexas asegurou que estes orzamentos “evidencian a necesidade urxente dun cambio” no Goberno galego para convertelo “nun aliado activo de Vigo quecomece a saldar débedas históricas coa nosa cidade”. Unha mudanza “en positivo” que o concelleiro nacionalista defendeu que só será posíbel tendo a Vigo como “motor” e convertendo á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na primeira presidenta da Xunta de Galiza.

Orzamentos insolidarios

Na mesma liña, Carmela González cuestionou que o proxecto de orzamentos do PP “non ofreza respostasá grave situación de crise que está afogando a miles de galegas e galegos”. A deputada nacionalista cualificou de “insolidarias” as contas por beneficiar ás grandes fortunas do País cun “pelotazo fiscal” de 34 millóns de euros mentres retira a Tarxeta Básica a 50 mil familias galegas.

González defendeu a aposta do BNG por unha política fiscal “progresiva, valente e xusta, para que pague máis quen máis ten, como as eléctricas que se están forrando coa crise”. Fronte á proposta do PP, a fronte nacionalista presentou un proxecto de orzamentos para a maioría social; que garanten uns servizos públicos universais e de calidade, en especial para reverter o desmantelamento sanitario do PP, e con recursos para combater a violencia machista.

Enfrontar a crise industrial

As emendas da fronte nacionalista recollen un ambicioso paquete de medidas para enfrontar a crise industrial e a desertización produtiva que padece Vigo. Reclaman nese sentido despregar un Plan comarcal de Reindustrialización e Reactivación económica, a creación dun Centro de Reparacións Navais e dun Centro Metropolitano para o impulso tecnolóxico, ademais dunha aposta decidida pola innovación e a investigación co desenvolvemento do Campus do Mar.

Alargar os servizos públicos

Fronte ás políticas de privatización e recortes da Xunta, o BNG insiste na necesidade dun cambio radical para alargar e reforzar os servizos públicos en Vigo. No ámbito sanitario reiteraron a demanda para o rescate público do Hospital Álvaro Cunqueiro e a absorción de Povisa na rede do Sergas, a posta en marcha de dous novos PAC nos barrios de Navia-Coia e Teis así como un aumento da dotación para o centro de saúde de Bouzas.

Diante do grave problema do acceso social á vivenda, o Bloque propón a creación dunha Bosa de vivendas sociais e de emerxencia dotacional na cidade. En materia de ensino piden máis recursos para acabar coas listas de espera nas escolas infantís públicas, para o que reclaman construír cinco novos centros en Travesas, Balaídos, Navia, Casco Vello e Travesía. Tamén un compromiso orzamentario maior para a construción do prometido IES de Navia, para a mellora de infraestruturas dos colexios públicos e para financiar os comedores escolares xestionados polas ANPAs.

Débedas históricas en infraestruturas

Desde o BNG afean no capítulo de infraestruturas e mobilidade as numerosas débedas históricas do Goberno galego coa cidade. Nese sentido, urxen a elaboración dun estudo para a posta en marcha dun tren de cercanías na área de Vigo, o reforzo do transporte marítimo de Ría, a necesidade dun autobús directo ao aeroporto de Peinador e a mellora das conexións coa UVigo e o Hospital Álvaro Cunqueiro. En materia de obras, reclaman a construción do túnel de Xulián Estévez e a prologanción de Beiramar, investimentos para a reforma dos cascos históricos da cidade e a execución do prometido convenio para a reforma integral das pistas de atletismo de Balaídos.

Sustentabilidade ambiental e cultura

Sobre políticas ambientais, a fronte nacionalista pide aumentar os recursos para a rexeneración da ría de Vigo e para un plan de recuperación dos montes e na prevención dos lumes. No ámbito cultural, defende melloras na rede museística de Vigo e un plan de apoio e dinamización da música e baile tradicionais, entre outras medidas.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas