Home Pontevedra A Lama O BNG demanda medidas urxentes de protección para a Serra do Suído,...

O BNG demanda medidas urxentes de protección para a Serra do Suído, diante da ameaza que supoñen os polígonos eólicos en tramitación nos concellos de A Lama, Fornelos, O Covelo e Avión

- Anuncio -

O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou hoxe unha batería de iniciativas nas que propón a integración da serra na Rede Natura 2000 e a protección do patrimonio etnográfico da zona mediante a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC)

O BNG considera moi grave que a Xunta conte con documentación que acredita os extraordinarios valores naturais da Serra en que non tome as medidas necesarias para protexela.

O BNG rexistou hoxe no parlamento galego unha batería de iniciativas en defensa da serra do Suido, como alternativa ao boom de proxectos industriais eólicos que poñen en risco os extraordinarios valores naturais, culturais e humanos deste territorio, que xa nos anos 2008 e 2012 foi proposto para a Xunta para a integración na Rede Natura 2000, iniciativas que foron paralizadas polo goberno do PP pola prevalencia de intereses empresariais de explotación dos recursos naturais, principalmente enerxéticos e mineiros.

O deputado nacionalista Luís Bará afirma que “nesta zona concorren unha serie de valores culturais e naturais extraordinarios, que fan necesaria unha actuación urxente da Xunta que garanta a súa protección, conservación e posta en valor”. Referiuse á presenza de hábitats de interese prioritario, nomeadamente as zonas húmidas denominadas turbeiras, á grande riqueza de recursos hídricos, á declaración do Suido como Área de Especial Interese Paisaxístico ou á presensa de numerosos bens culturais etnográficos (chozos, sequeiros, foxos do lobo, peches de pedra…), construidos coa técnica da pedra seca, declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade.

Ademais, Bará faise eco de informes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural contrarios aos parques eólicos Coto das Airas (44 MW) e Carballoso (51MW) -este último tramitado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica-. Segundo a propia Xunta, estes proxectos supoñen unha ameaza para o estado de conservación dun espazo ben conservado e que reúne importantes valores ambientais pola presenza de turbeiras e hábitats asociados, insuficientemente representados na Rede galega de espazos naturais.

Bará calificou de preocupante que a Xunta ocultase este informe, ao que o BNG tivo acceso logo de solicitalo através do artigo 9 do regulamento do parlamento: “é realmente inquietante que a Xunta conte con un informe de novembro de 2021 que desaconsella o parque eólico Coto das Airas porque -segundo di a dirección xeral de patrimonio natural- estase a tramitar actualmente un volume importante de proxectos de desenvolvemento eólico que se superpoñen a estes espazos e que se amosan incompatibles coa conservación dos valores naturais presentes neles, o que representa un factor de perturbación que ameaza de modo significativo o seu estado de conservación e as obrigas de conservación que debe atender a Xunta de Galicia”.

Estes mesmos argumentos foron aducidos pola Xunta para informar desfavorabelmente o parque eólico Carballoso, que se tramita pola mesma empresa (Adelanta) na mesma zona que Coto das Airas (Fornelos, A Lama e Avión). Malia este informe, o Ministerio de Transición Ecolóxica emitiu un informe de determinación ambiental que permite seguir adiante coa tramitación do proxecto.

Para evitar os danos irreversíbeis que se puideran producir, o BNG considera que se debe proceder de maneira inmediata a aplicar o rexime de protección cautelar e preventiva previsto nos artigos 45 e 46 da lei 5/2019 de patrimonio natural e da biodiversidade, como paso previo ao inicio do procedemento de inclusión da serra do Suido na Rede Natura 2000.

O BNG considera moi grave que a Xunta conte con documentación que acredita os extraordinarios valores naturais da Serra en que non tome as medidas necesarias para protexela.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas