Home O Morrazo Marín O BNG denuncia a perda dunha ubvención de 64.795,50 € para a...

O BNG denuncia a perda dunha ubvención de 64.795,50 € para a piscina municipal por neglixencia do goberno do PP

- Anuncio -

Celia García lamenta a perda dunha axuda de 64.795,50 euros para climatizar a piscina municipal de Marín. A axuda foi desestimada por un erro administrativo do goberno local do PP. García sinalou que isto representa unha oportunidade perdida para mellorar as instalacións.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) lamenta profundamente a perda dunha subvención de 64.795,50 euros, parte dos máis de 138.000 euros que a Deputación de Pontevedra asignou ao Concello de Marín a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Esta axuda, destinada á instalación dun sistema de climatización na piscina municipal, foi desestimada pola Deputación debido á falta de documentación esencial por parte do goberno local do Partido Popular (PP).
O BNG denuncia que, na solicitude presentada o 22 de marzo de 2024 para acceder a esta subvención, o goberno local incluíu unicamente unha estimación económica, omitindo o informe técnico obrigatorio, tal como esixían as bases reguladoras do plan. Este erro administrativo básico levou á inmediata desestimación da subvención.
Celia García Santomé, concelleira do BNG, lamentou este episodio no último pleno municipal celebrado o 14 de Novembro, sinalando que se trata dun erro evitable que ten consecuencias negativas para a veciñanza. “Resulta incomprensible que non se presentase un informe técnico, algo necesario para cumprir coas bases reguladoras. Esta situación impide melloras importantes para as instalacións deportivas municipais, que precisan dunha intervención urxente”, declarou García.
A piscina municipal continúa sen ventilación axeitada, dependendo de ventiladores rudimentarios que dificultan gravemente á práctica deportiva. “Este desleixo administrativo é un reflexo da falta de compromiso do PP coas necesidades de Marín. Mentres, é a veciñanza quen sofre as consecuencias dunha xestión incompetente”, engadiu a Concelleira.
O BNG insta ao goberno municipal a asumir responsabilidades e tomar medidas para evitar que erros deste tipo volvan repetirse.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas