Home O Morrazo Marín O BNG denuncia a tala indiscriminatoria no Paseo das Tuias do Lago...

O BNG denuncia a tala indiscriminatoria no Paseo das Tuias do Lago de Castiñeiras

- Anuncio -

Lucía Santos Omil declarou que estamos a falar dun atentado contra o noso patrimonio, contra unha paisaxe que é de todas e todos, e que debe ser protexida como ben común, non explotada con criterios mercantilistas

O BNG de Marín manifesta a súa profunda indignación pola recente tala indiscriminada de tuias no Lago de Castiñeiras, onde árbores con máis de 60 anos de antigüidade, de gran valor histórico e ambiental, foron cortadas sen explicación aparente. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Marín tomou esta decisión sen aportar informes que xustifiquen problemas fitosanitarios ou risco de caída, deixando en dúbida as razóns desta actuación.

A portavoz do BNG en Marín, Lucía Santos Omil, denunciou que esta acción “carece de xustificación e parece responder a intereses privados que ignoran o valor histórico e ambiental destas árbores para a nosa comunidade”. Santos Omil destacou que estas tuias, plantadas nos anos 50, formaban un conxunto único que incluía algúns dos exemplares máis grandes de Galicia. “Estamos ante un atentado contra o noso patrimonio, contra unha paisaxe que pertence a todos e que debe ser protexida como ben común, non explotada con criterios mercantilistas que ignoran o impacto ambiental”, subliñou. Esta tala únese a outras intervencións que, nos últimos anos, teñen deteriorado o valor natural de Castiñeiras. Durante o verán, con escusas similares, foron cortados 18 piñeiros, algúns de especies raras en Galicia e de grande valor botánico.

Dende que se trasladou o Centro de recuperación de fauna silvestre a Cotobade, o goberno da Xunta eludiu as responsabilidades de conservación do parque de Castiñeiras deixándoo en mans das comunidades de montes, que non teñen capacidade para facer as actuacións necesarias para a posta en valor, ou como é o caso, tomar decisións que causan un dano irreparable.

O BNG considera fundamental protexer o patrimonio natural e cultural de Marín e reclama medidas efectivas que impidan novas agresións deste tipo. Así mesmo, destaca a importancia de declarar o Lago de Castiñeiras como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), unha medida solicitada polas comunidades de montes de Santomé e Vilaboa, que permitiría unha xestión máis axeitada e sustentable a cargo da Xunta de Galicia. A pesar do compromiso adquirido pola Xunta hai cinco anos, esta declaración segue sen materializarse.
Desde que se trasladou o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre a Cotobade, o goberno da Xunta eludiu as súas responsabilidades de conservación do parque de Castiñeiras, deixándoo en mans das comunidades de montes, que non contan coa capacidade para realizar as actuacións necesarias para a súa posta en valor ou, como é o caso, están tomando decisións que causan un dano irreparable.

Ademais, o BNG denuncia a pasividade do goberno municipal, que non tomou medidas para impulsar esta protección e frear talas como a das tuias e outras intervencións que degradan o patrimonio natural. Por último, o BNG esixe que a Comunidade de Montes de San Xulián faga público o informe que supostamente xustifica esta tala, aclarando calquera enfermidade ou risco nos exemplares afectados. É fundamental que a veciñanza coñeza as razóns detrás desta decisión e que poida avaliar o seu impacto sobre o patrimonio común de Marín.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas