Home Tabeirós A Estrada O BNG denuncia as letras machistas dunha das atraccións que o concello...

O BNG denuncia as letras machistas dunha das atraccións que o concello colocou na Alameda

- Anuncio -

Xoán Reices: “Pedimos ao concello a retirada inmediata do repertorio musical machista e instamos ao goberno municipal do PP a implicarse máis na loita contra a violencia machista”

Segundo Xoán Reices, “a atracción ‘El Torito Vacilón’, instalada polo concello na Alameda nestes datas de Nadal, ten entre o seu repertorio unha canción do grupo ‘Zapato Veloz’, titulada ‘Tribu Comanche’ onde unha das súas estrofas indica que ‘soy del norte compadre paisano / de la tribu de los cañoneros / de los que usa muy bien el mortero / de los que pasan a las indias por la piedra’”.

“Desde o BNG cremos que este tipo de cancións non son axeitadas en ningún contexto”, afirma, “e moito menos como fondo musical dunha atracción infantil, onde nenos e nenas do noso concello van pasar unha tarde de lecer”.

“Este tipo de letras fomentan a cultura da violación e son denigrantes para as mulleres, que desde logo son valores que están nas antípodas dos que debería promocionar o concello”, afirma o candidato do BNG, Xoán Reices.

“Desde o BNG pedimos a retirada inmediata deste tipo de cancións machistas nas atraccións colocadas polo concello na Alameda”, indica Reices. “É máis, o goberno municipal debería implicarse máis na loita contra a violencia machista,” engade, “promovendo campañas de educación afectivo-sexual, masculinidades igualitarias, corresponsabilidade doméstica… en colaboración coas ANPAS e os centros escolares do concello.”

“O concello non pode ser o promotor do machismo,” afirma Reices, “senón ser o principal actor na loita contra a violencia machista”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas